Charlie, o inventor de palabras
Charlie é un personaxe extrovertido e moi especial. Leu tanto xa na súa vida, e sabe xa tanto de todo, que precisa inventarse palabras novas tódolos días para entreterse buscándolles un significado. O seu maior soño na vida é confeccionar un diccionarioúnico no mundo feito con palabras inventadas. Pero para darlle un significado a cada unha delas, e seguir creando máis e máis palabras, precisa da axuda dos máis pequenos e a súa fantasía.

