La magia del mago Rafa
A Maxia do Mago Rafa afástase da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común: humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.
Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".
Este espectáculo realízase en formato Gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional.

