Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Cadaval conta... "Complexo de Edipo"

Cadaval conta... “Complexo de Edipo”, un relato mítico que xa escoitaron oito mil colombianos e tamén tres mil setecentos africanos dos que tres mil eran canarios. Probablemente o público europeo coñece melhor a versión do ribeirán que a orixinal do inmortal Sofocles.

O mito do home que mata o pai, deitase coa nai, chámalle fillos aos irmáns e agora comentado por unha taberneira dun porto galego que ademáis é a nai do monhilista Cadaval.

A cociñeira desdeña o mito clásico ao tempo que da a receta da carne asada.

Gastronomía

Épica

Alta cultura

Galego

Funky Party

Ao ritmo de música discotequera dos '80, este par de zancudos non pararán de bailar, animando a todos os presentes a que se unan a súa Funky-Party móbil polas rúas da Vila.

Galego

Circo Moc Moc

Diferentes artistas circenses deleitarannos ó longo dunha hora e media con números de clown, malabares, equilibrios, acrobacias aéreas e moita interacción co público. O Circo Moc Moc é un espectáculo familiar, único e irrepetible, que fará vibrar a todo o público coa súa maxia.

Adaptable tanto a interior como a exterior; consultar condicións técnicas en cada caso.

 

Galego

Senior

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50.

Cos coñecidos e populares actores Luís Iglesia e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González, trátase dunha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Estamos realmente aviad@s para os retos e problemas que se nos botan enriba ao cumprir o medio século? E, sobre todo, estamos preparad@s para ser vell@s?

Galego

Perfusión

PERFUSIÓN: unha mistura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e a danza africana. Un espectáculo visual e sonoro, no que as vibrantes percusións, as dulces melodías e as fermosas danzas de ambas culturas, son fusionadas de xeito orgánico para facer desfrutar a todo tipo de públicos. Estas 3 mulleres e 4 homes galegos/as demostran, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta potente para promover a solidariedade e a empatía entre os pobos do mundo.

Galego

O mel non caduca

Unha traxicomedia biodegradable e ecosostible arredor da obsolescencia programada, da relación do ser humano cos obxectos e da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica capitalista, do crecemento e do consumo masivo de produtos.

Elenco: Marián Bañobre e Avelino González

Galego

Divas de diván

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipona, azteca, semita, mesopotámica, exipcia, chinesa, xermánica, nórdica, lituana, grega e romana o pobo rendiu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e mailo pracer. En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divinidade que diva. Pero por sorte as divas son moito máis fáciles de alcanzar.

Galego

A formiga no carreiro

Co gallo do galardón das Letras Galegas 2020 a Carvalho Calero homenaxeamos a súa figura e ideario lingüístico con música e contos. A nova proposta do dúo Rilo & Penadique convídanos a unha viaxe polas terras da lusofonía para contar, cantar, bailar e brincar cos contos de tradición oral e a música.

Galego

Dequenvessendo en concerto

Dequenvessendo é un grupo de música galega que nace no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baesado nos cuartetos de música tradicional. No seu inicio, estaba formado por Bieito Romero Diéguez, Miguel Ocampo Bermúdez e os irmáns Miguel ePablo Rosales Reboiras.

Pouco a pouco comezan a introducirse no folk, inspirados na forma de facer música de grupos como Luar na Lubre, Milladoiro, Silly Wizard ou The Tannahil Weavers, claramente enmarcados no folk celta atlántico.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño