As Armadanzas na punta do pé
Mercedes e Montse son as “Armadanzas", dúas compañeiras que gozan poñendo a bailar a todo o mundo.
A súa nova proposta é levar o público, sen límite de idade, ata o mundo do baile tradicional galego- portugués. A viaxe que vos propomos inclúe contos e historias que nos envolverán e sen decatármonos, estaremos divertíndonos cos bailes e cos novos compañeiros que imos atopando. O mellor é deixar a vergoña na casa e deshinibirse pois non importa bailar ben, senón deixarse levar pola maxia do baile e coñecer novos compañeiros nesta viaxe.

