Concierto de Rafael Fernández
Concerto de música ambiental en directo con videoproyecciones
A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.
O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Concerto de música ambiental en directo con videoproyecciones
Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.
Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mismos producen e que coa forza das redes sociáis pronto contan co apoio do público. Este empuxe da xente é o que os anima a montar este proxecto. Un animado concerto en formato dúo acústico onde o humor e o elemento protagonista.
Pankdemia é a nova proposta da compañía Peter Punk Pallaso, un espectáculo que nace durante a corentena vivida nos últimos meses. Unha visión particar dos novos tempos que nos toca vivir da man de Peter Punk Pallaso. Novas rutinas,EPIs, equilibrios, e moitas risas.
Un novo espectáculo xa que xa está en desescalada... Próximamente nas rúas!
Ás portas de facer 30 anos xuntas, Leilía afrontamos este aniversario coa presentación dun novo espectáculo que revise a nosa discografía, a nosa traxectoria musical fiando as nosas orixes coas aprendizaxes adquiridas ao longo destes anos.
Retomaremos vellas músicas do noso repertorio coas que nos demos a coñecer e farémolas nosas de novo, vellas melodías con novo aire, coma nós, que sendo as mesmas temos un xeito diferente pasadas xa tres décadas.
Culturactiva SCG presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei en Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela, ata a máis elaborada, sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Cando o chifro soa e roda a tarazana, as navallas e os coitelos abandonan os petos e os fondos dos caixóns, onde durmen. Ocupan a rúa. Procuran un novo fío. Buscan cortar de novo.
Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.
Trátase dunha lembranza fantástica e festiva do grande circo de carpa alta e bicolor: a historia de dous vellos traballadores daquel circo que lembran agora con monicreques de fíos as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica, o malabarista máis divertido e bailadeiro do mundo....
Elenco: Óscar Paez e Dani Blanco.
Onde están cando se lles necesita?
É unha pregunta que estamos afeitos a facernos sobre os amigos, os políticos, a familia, etc..algunha vez eles faian pero os superheroes sempre estarán alí para coidarte. Dous superheroes que están dispostos a todo para axudar, aínda que as cousas non saian sempre como queren. Os seus problemas son os teus problemas, coa crise, a conciliación laboral e familiar faise difícil incluso para eles. No fondo todas somos superheroes.
En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos.