Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Papar sen cancelas

Culturactiva ten o pracer de convidarvos a Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet do mellor humor galego.

Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei son tres linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas e, como os mellores menús, linguas para todos os gustos!

Galego

Voces de muller

A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse.

BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancions nacen, escríbense e interprétanse, dunha forma profundamente íntima agasallándonos cunha viaxe polas melodías do Soul.

Unha experiencia para a alma.

Galego

Petite Caravane

 

Elenco: Adrián Conde e Félix Corcuera

Canso de que o rexeiten en tódos os teatros, o artista de variedades máis pequeno do mundo decide montar o seu propio, e non só o fai acorde ás suas medidas, senon que tamén lle pon rodas para levalo a todos os rincóns dp mundo.

Feliz de poder mostrarnos as suas habilidades, este diminuto artista invítanos a mergullarnos nunha atmósfera máxica confirmando, unha vez máis, que o bo ven en frasco pequeno.

Sen dúbida un espectáculo que nunca esquecerás.

Galego

Furia Necesaria

Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar.

Galego

Unha noite no muíño

Felipe Díaz (Caxoto) é a persoa que se atopa detrais do mostrador da Trastenda. Dende sempre ligado ó espazo escénico ben a través da música, do baile tradicional ou do teatro;  Caxoto entra en contacto coa oralidade  coa súa chegada á Editorial Kalandraka. Aínda que comeza como mozo de almacén ese mesmo ano asumirá o reto de ser contador na campaña de animación á lectura que durante 4 meses o leva por colexios e Bibliotecas de toda a xeografía galega. 

Galego

4.0

Espectáculo no que se misturan técnicas aéreas de circo con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura.

A historia sitúanos a unha muller e o seu día a día intentando conciliar o seu traballo, vida e maternidade, amosando as mil caras desta etapa desde unha ollada divertida, terna e por momentos absurda.  

Un fantástico espectáculo de aéreos que suma á súa espectacularidade: contido, unha historia necesaria e unha coidada dirección e posta en escena.

Galego

Odaiko & Vanesa Muela

Novo espectáculo de Odaiko na compañía de Vanesa Muela, artista admirada na escena musical polo seu labor de posta en valor da música tradicional castelá-leonesa.

A sinerxia musical que acadan os músicos de Odaiko e a intérprete e percusionista castelá demostran que na música, cando o sentimento é conxunto, o resultado é inmellorable.

Galego

Cores, contos e Rock Roll

“Contos, Cores e Rock´n´Roll”chega da man de Pakolas como un espectáculo de pequeno formato onde a interacción coas nenas e nenos, a súa música acompañada por contos e historias, e as cores e debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público. Esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non so se pode gozar da música, senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos.

Galego

Lume

Nun bosque onde vivían moitos animáis algo pasou que fixo ladrar ao can....
Unha lapa de lume chegou con ganas de facer un incendio. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño