Cultura no Camiño

A sexta edición de Cultura no Camiño desenvolverase do 16 de abril ao 30 de setembro nun total de 103 concellos situados nas diferentes rutas xacobeas de Galicia.

O programa xurdido ao abeiro da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela desprega unha carteleira de 342 actuacións escénicas e musicais, protagonizadas por 146 formacións artísticas galegas. Artículase como un circuíto de espectáculos que ademais de contribuír á descentralización da oferta cultural, amplía as posibilidades de distribución do teatro, a música, a danza, a maxia e o novo circo producidos de maneira profesional na nosa Comunidade.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
SI mostrar en barra lateral

Shakespeare para ignorantes

Sinopse: Mofa & Befa irrompen nunha académica conferencia sobre o famoso autor para por en primeiro plano as escenas máis ignoradas, por desidia ou falta de oportunidades, polo público actual. O riso máis cruel. As intimidades máis vergoñentas, os actos máis deshonestos e as vilanías máis astutas serán mostradas pola impiedosa máquina cómica de Mofa&Befa. Asasinos, xuíces, bufóns, cornudos, chivatos, racistas, oportunistas, chulos, torturadores, todas as personaxes que nunca teñen o protagonismo, terán agora a oportunidade de mostrarse agora no primeiro plano.

Galego

Cociña económica

Cociña Económica de Mofa e Befa é un dos espectáculos míticos do dúo cómico formado por Evarsito Calvo e Víctor Mosqueira.

Un espectáculo con case 20 anos de percorrido e que a día de hoxe continúa sendo un dos máis queridos polos fans de M&B. 

Galego

Os contos de Barriga Verde (Manuel María)

Fran Rei presenta o seu novo espectáculo unipersoal, no que sigue misturando narración oral, humor e maxia para contarnos Os Contos de Barriga Verde.

 

Escrito por Avelino González, a partir de tres das obras máis sobranceiras do escritor Manuel María (Barriga Verde, Os Soños na Gaiola e Aventuras e desventuras dunha Espina de toxo chamada Berenguela), Os Contos de Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense.

 

Galego

Concerto Magnífico

Os Sete Magníficos máis Un presentan Concerto Magnífico, unha revisión clown e desafinada do, ata agora, sempre serio mundo da música culta.

Creada pola propia compañía en colaboración co prestixioso dramaturgo e director arxentino Walter Velázquez, a partir de farsas circenses clásicas, dirixida por Iván Prado e protagonizada por Pedro Brandariz e Fran Rei, Concerto Magnífico é a decimo quinta produción de Os Sete Magníficos máis Un, que volven dirixirse ao público infantil e familiar despois de case catro anos xirando con Dous Pallasos en Máis Apuros (2011).

Galego

Simbad e a serea

  • SIMBAD retirouse do mar vendo a imposibilidade de seguir vivindo da pesca. Leva tempo pensando que facer e realizando no seu taller maquetas de barcos onde bota de menos o mar.
    VENADITA, a súa veciña e amiga, é unha mariscadora que sae ao mar todos os días e tenta convencelo sen éxito.É unha muller disposta, forte e que non pensa renegar do seu medio de vida. A pesar da súa insistencia non conseguiu convencer ao seu veciño e amigo SIMBAD.
Galego

Cenizas Tour

Cenizas Tour é un espectáculo que mestura a forza e enerxía do directo dunha banda musical con elementos teatrais para crear un concerto diferente, un espectáculo persoal.

A danza, o teatro, os elementos escenográficos e a iluminación son aspectos cos que se xoga na creación do espectáculo para xuntar diferentes disciplinas artísticas e mesturalas sobre as táboas creando un xogo multidisciplinar que é absolutamente atractivo para o espectador. Un espectáculo para escoitar pero tamén para mirar.

Galego

O poeta do Miño

A partires do poema de Manuel María "Os peixes do Miño", contamos, debuxamos e musicamos unha historia onde haberá: aventuras ,perigos, medos a perda de inspiración, amor e moito Manuel María.

Esta actividade está baseada no libro  "O poeta do Miño" Edicións do Cumio 2015, da que somos autores.

Galego

Os monifates

Os monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen cunha filosofía de transmitir un son diverso e dinámico.

Galego

Máis Nadadamanga

Nadanamanga é un espectáculo máxico para xente que desexa pasar unha hora feliz e sorprendente.

Maxia gamberra para nenos de todalas edades, para adultos, para os que non o son, humor con participación do público, moitas risas, sorpresas e ilusión dende o primeiro momento, maxia de festa para todos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura no Camiño