Iriña bailarina
Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen "medidas".
Ghazafelhos e María Canosa propóñennos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.
A cabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Paloma publicado dentro da colección "A Igualdade conta" por Edicións Embora, Teatro dos Ghazafelhos leva a cabo un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.

