Ruta polo castro de Armeá e Santa Mariña de Augas Santas
A Visita, guiada pola Asociación Santa Mariña de Augas Santas para Espazos Sonoros, comeza no exterior da cabeceira do templo románico cunha contextualización histórica e artística da antiga igrexa colexial, e continúa polo interior do templo románico onde, segundo a tradición, repousa o corpo de santa Mariña. A continuación, os participantes camiñan cara ao “forno da santa” e baixan polo camiño que leva á aldeíña de Armeá.

