Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Visitas guiadas

Profesionais procedentes de diversos ámbitos da cultura e a arte dan a súa visión de con cada unha das exposicións temporais que se presentan no CGAC.
O 27 de xaneiro, Ángel Cerviño e Alberto González Alegre farán unha visita guiada á exposición 'A orde das primeiras cousas' de Carlos León

Galego

Gaiás, cámara, acción!

Saborear a maxia do celuloide e o brillo dos focos, ser protagonista da alfombra vermella, converterse nunha auténtica estrela ou descubrir todos os segredos que se agochan tras a cámara será posible grazas ás Visitas familiares a Cinegalicia25, unha forma lúdica de coñecer a historia do cine galego na que pais e fillos farán un percorrido por un país de imaxes.

Datas: 6,7,13,14,20,21,27 e 28 de decembro de 2014; 3 e 4 de xaneiro. 
Horarios: Sábados pola tarde (17:00) e domingos pola mañá e pola tarde (11:30 e 17:00).

Galego

Visitas didácticas 'Cinegalicia25'

O Museo Centro Gaiás convértese desde este novembro ata febreiro de 2015 nun auténtico plató de cine no que poder descubrir a maxia do celuloide, o brillo dos focos e os segredos das estrelas a través da mostra Cinegalicia25. A Cidade da Cultura convida á comunidade escolar a ser protagonista da alfombra vermella e formar parte deste ‘making of’ da gran película do audiovisual galego dunha forma lúdica e pedagóxica a través das Visitas didácticas á exposición

Galego

Bicipaseo Patrimonial

Mediante percorridos temáticos búscase achegar o patrimonio cultural e natural de Ourense dunha forma innovadora e inclusiva, presentando a importancia de investigalo, conservalo e coñecelo como testemuño do pasado, materialidade do presente e garantía do futuro.

 

Galego

Visita guiada ao poboado mineiro de Fontao

Antes do concerto de Xoán Curiel, que clausura o ciclo Espazos Sonoros faise unha visita ao poboado mineiro de Fontao da man da historiadora Encarna Otero Cepeda, directora do documental A luz do negro. O volframio da Brea e o poboado do Fontao, producido polo Consello da Cultura Galega, e coñecedora, en profundidade, da memoria do que foi a vida arredor das minas da Brea.
Lugar: na praza, xunto ao cine do poboado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro