Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Camiño ao Gaiás 2017

A Fundación USC Deportiva volve brindarnos este verán a posibilidade de descubrir o patrimonio de Compostela dunha forma saúdable. Será a través dos roteiros Camiño ao Gaiás, que conectará a zona vella da capital galega coa Cidade da Cultura. 
Tras percorrer rúas históricas, a andaina chegará ao complexo deseñado por Peter Eisenman a través de espazos naturais como o Bosque de Galicia ou o Parque do Lago. E como novidade desta edición, Camiño ao Gaiás proponnos unha ruta nocturna desde a praza central ata a Praza de Galicia, poñéndolle un final saúdable ao Atardecer no Gaiás.

Galego

Visitas Astronómicas 2017

Descubre a maxia das estrelas e as noites de Compostela no complexo deseñado por Peter Eisenman. A través de telescopios e prismáticos,  e seguindo as explicacións técnicas dos monitores do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, aprende a observar a lúa, os planetas, fenómenos curiosos como o das estrelas dobres, nebulosas… Unha outra forma de observar o ceo e de pasar unha noite distinta en familia.

Inscricións de balde en http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/visitas-astronomicas-2017

Galego

Visitas guiadas á arquitectura e historia do CGAC

Durante o percorrido falarase do deseño do edificio e da estreita relación formal e conceptual co parque de Bonaval e coa cidade compostelá.

O grupo formarase por orde de chegada (até un máximo de 25 persoas), a entrada é de balde e terán unha duración aproximada de 50 minutos.

Máis información: http://www.facebook.com/CGACSantiago/?hc_ref=NEWSFEED&fref=nf

Galego

Andainas de primavera

Natureza, deporte e coñecemento. Para recibir a primavera, a Cidade da Cultura convídate a descubrir o seu rico patrimonio natural a través duns roteiros guiados polas zonas verdes do complexo. Unha andaina dunha hora e media de duración na que ademais de camiñar polo monte, coñecerás a flora que poboa o Monte Gaiás ao tempo que descubres características, anécdotas e lendas asociadas a cada especie.

Galego

Itinerario polos órganos de Compostela

 

Para descubrir os vestixios dunha frutífera actividade arredor do órgano na cidade de Compostela e o rico legado organístico que aínda se conserva nela, propóñense novos itinerarios nos que descubrirmos algúns dos órganos que integran estas descoñecidas paisaxes.

Nesta nova edición renóvase a oferta de espazos visitados: os órganos das igrexas da Compañía, de San Miguel dos Agros, de San Paio de Antealtares e de San Martiño Pinario.

Galego

Cheverografías. Compostela 8717

O grupo Chévere inventouse entre bares, rúas e escolas de Compostela en 1987, xusto antes de iniciarse a transformación da cidade. Chévere aprendeu o oficio teatral explorando a cidade, paseándoa, perdéndose nela. Meteuse dentro e sentiuna latexar. Acabou por ocupar o lugar que lle correspondía nun barrio marxinal que estaba xa camiño de Fisterra, provocando que os traxectos de moitos veciños e veciñas tomasen un rumbo non previsto por urbanistas nin políticos. E a súa práctica teatral converteuse nunha ferramenta para documentar o proceso de transformación vivido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro