Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Visitas comentadas ás Ruínas de San Domingos

O Museo de Pontevedra organiza unhas visitas guíadas polo persoal do Gabinete Didáctico onde se falará da importancia do convento e das características da súa fundación e do estilo gótico que representa. Ademáis de coñecer o seu estado actual, se pode saber o uso que se lle da á infraestructura durante estes anos.

Este convento é o edificio máis antigo que contempla o museo e no seu interior ten obxectos de diferentes épocas da historia de Pontevedra.

Galego

Castelo Conta

O Castelo Conta é unha andaina polas seis aldeas de Castelo, a parroquia de Culleredo na que naceu e vive Xosé Antonio Touriñán. Unha andaina especial, na que participarán os mellores cómicos do noso país, acompañando aos camiñantes, contando contos e historias en improvisados escenarios no medio da ruta. Non faltará a música polo camiño. Á noite, e logo dunha saborosa cea para repoñer forzas, a xornada rematará cun exclusivo espectáculo de monólogos e dous concertos ata ben entrada a madrugada.

Galego

Visita guiada polo Arquivo Histórico provincial de Ourense

Nesta xornada de Espazos Sonoros, como aperitivo ao concerto que terá lugar no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terase a oportunidade de facer unha pequena visita guiada ao Arquivo Histórico Provincial. Alí poderase ver os orixinais manuscritos de dúas obras inéditas, da segunda metade do século XVIII, que foron recuperadas e transcritas por encargo do festival para seren interpretadas durante o posterior concerto.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro