Compostela en Nordeste
A Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organizan un ciclo de percorridos literarios por Compostela que procura outra ollada á historia e xeografía da cidade. No segundo itinerario do ciclo, Daniel Asorey guía ás persoas asistentes pola Compostela de Nordeste, a novela que lle valeu o premio de Narrativa Breve Repsol 2016.

