Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Día do usuario/a

O próximo mércores 11 celebramos o Día do Usuario, e nomearemos aos nosos "Superlectores", que serán aqueles 3 usuarios infantís e 3 usuarios adultos con máis préstamos durante o ano 2016.

Ao longo deste ano, os “Superlectores” adultos poderán retirar en préstamo un maior número de obras: ata 25 exemplares para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 15 materiais especiais (música, películas, xogos de ordenador e de videoconsola) e 6 publicacións periódicas prestables.

Galego

Celebración do Día do usuario e usuaria das bibliotecas

Con motivo do Día do usuario e usuaria das bibliotecas, convidamos ás lectoras e lectores a participar nas actividades conmemorativas previstas:

• Nomeamento de Socios/as de Honra, que recaerá nos tres usuarios/as infantís e nos tres adultos/as con máis préstamos durante o ano 2017. Ao longo do 2018 estes “superlectores” poderán retirar en préstamo un maior número de obras:

Galego

Vistas guiadas

Nestes días de actividades conmemorativas do Día da Biblioteca, a de Ourense celebra durante a semana visitas guiadas para coñecer máis polo miúdo as instalacións, os servizos e o fondo do que contan.

Galego

Safari de outono

O Gaiás dálle a benvida ao outono coa celebración dunha xornada na Cidade da Cultura para gozar en familia. Nenos e maiores explorarán o Bosque de Galicia para despois bailar ao son dos ukeleles da Ukestra do Medio nun ‘Safari de outono’ que terá entrada libre e de balde, ás 18.30 horas.

A xornada arrancará ás 16:30 horas cunha divertida xincana coa que descubrir a flora do Bosque de Galicia. As familias deberán seguir as pistas, estudar os planos e superar as probas agochadas polas sendas do Gaiás ata localizar o maior número de plantas posibles das indicadas no mapa.

Galego

Visita guiada polo Pazo de Mariñán

Como complemento ao concerto do tenor Wilfried Rogl e o Ensemble Rosarum Flores sobre as músicas arredor de Shakespeare, teremos oportunidade de visitar as instalacións do pazo de Mariñán e facer
un percorrido guiado polas dependencias da parte antiga do edificio. Tamén poderemos gozar da colección artística do pazo pertencente á Deputación da Coruña, que inclúe obras de autores galegos
desde o século XIX aos nosos días.

Galego

Visita guiada polo Pazo de Liñares

Para as persoas participantes no obradoiro de achegamento á música antiga, está prevista, con anterioridade ao comezo da sesión, unha visita guiada polo pazo de Liñares, un espazo que representa
un dos mellores expoñentes do que foi a arquitectura palaciana galega, non só polo que aínda se conserva da súa fisionomía, senón pola intensa vida social e tamén cultural que, dentro dos seus muros, se desenvolveu ao longo de séculos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro