Visita guiada ao castelo de Monterrei
Para coñeceres este enclave estratéxico de orixe medieval, un dos recintos fortificados máis importantes de Galicia e defensa fronteiriza con Portugal, Espazos Sonoros percorre en visita guiada as diferentes partes que compoñen o conxunto, o patio de armas, a igrexa de Santa María de Gracia, o pazo dos Condes, a torre das Damas, e a impresionante torre da Homenaxe, de 22 metros de altura, desde a que se poden contemplar unhas fermosas vistas da paisaxe sobre o val do río Támega.

