Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Paseos pola Coruña literaria 2015

Novos paseos por Coruña coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade. Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Dores Tembrás comeza estes paseos desde os Xardíns dos Cantóns.

 

A cidade que se abre nunha cartografía infantil, unha urbe que se pon ao descuberto por medio das historias dos avós pero tamén dos referentes literarios coñecidos na adolescencia. Unha pequena deriva pespuntada palabra a palabra:

e as pegas rebuldás

Galego

A Cultura do xeo en Galicia

Un dos capítulos máis descoñecidos da historia económica de Galicia é o da cultura vinculada á explotación e comercio da neve e do xeo e a existencia de neveiras que, en diferentes puntos da nosa xeografía, e nun estado bastante precario ou incluso totalmente ocultas, aínda se conservan. Aínda que a conservación de neve para refrixerar alimentos e bebidas e para a súa venda existiu desde a antigüidade, constátase que foi unha práctica que floreceu entre os séculos XVI e XIX, en especial durante a chamada Pequena Idade Glacial.

Galego

De minas e viñas

A pequena parroquia de San Xoán de Éntoma, no concello do Barco, é un lugar de singulares e abondosas pegadas da historia perceptibles aínda nunha paisaxe, na que se detecta unha transformadora presenza humana, tanto a través do cultivo da vide, como dos vestixios de antigas explotacións mineiras. O percorrido por estas terras parte da igrexa parroquial de San Xoán, unha singular construción en pedra vermella do país, que loce nunha das portas laterais a cruz da orde de San Xoán de Xerusalén ou de Malta, á que pertenceu esta igrexa.

Galego

Ruta a pé polo carreiro do Deza

Esta ruta circular percorre unha parte da contorna natural que circunda o mosteiro de Carboeiro, seguindo o curso do río Deza, ata a praia fluvial da Carixa, pasando polas antigas casas de baños da Brea, hoxe convertidas en balneario e que aproveitan unha veta de augas sulfurosas, que xa eran empregadas polos monxes para tratar as doenzas da pel.

Galego

Andar con arte

O ciclo Monumenta organiza esta andaina circular pasando polo castro de Corvazal. Durante o paseo, o xeógrafo Juan López Bedoya analizará esta paisaxe agraria
para achegarnos á flora e á fauna características da zona de Santalla de Bóveda de Mera.

 

Galego

Andar con arte

Andaina de Monumenta narrada por Santiago Ferrer (arqueólogo) e Manuel Rivero Pérez (antropólogo e sociólogo) ata o campamento militar, con visita ao xacemento arqueolóxico e ás termas.

Galego

Visita ao centro de interpretación da Fundación Aquae Querquennae

O ciclo Monumenta permite coñecer o Centro de Interpretación da Fundación Aquae Querquennae, situado a carón da vila de Bande, está considerado como un dos principais xacementos arqueolóxicos da comarca. Cronoloxicamente dátase entre os séculos i e ii d.C. O conxunto atópase localizado preto da vía romana denominada Vía XVIII, calzada que unía Astorga e Braga. Coñecido como A Cidá (a cidade), este campamento militar de forma rectangular, no que destacan as súas murallas, controlaba o río Limia e os arredores.

Galego

O gótico mariñeiro de Noia

Noia conta cunha fermosa zona histórica froito do apoxeo medieval e das actividades mercantís e pesqueiras da vila. Nela destacan dúas xoias de estilo gótico mariñeiro, a igrexa de Santa María a Nova, que acolle a mellor colección de lápidas gremiais e nobiliarias da Idade Media e Moderna, e a igrexa de San Martiño de Noia, cunha espectacular fachada de grandes figuras escultóricas. A vila histórica conserva, ademais, diferentes casas con brasón, corredores e galerías.

Galego

Andar con arte

Entre lusco e fusco, visita guiada polo arqueólogo Santiago Vázquez Collazo á área arqueolóxica de arte rupestre de Tourón e visionado nocturno dos petróglifos. Ademais, Pablo Martínez Alemparte, arqueólogo e especialista en astronomía, guiará os asistentes polo firmamento e axudará a establecer conexións co xacemento.

Unha hora antes, ás 21 horas, o ciclo Monumenta, as voces da formación Leilía poranlle música a este espazo patrimonial.

A participación en todas as actividades e concertos é libre e de balde.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro