Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Redescubrindo Ourense. Esculturas e murais

Dicíase que Ourense era a Atenas galega, coa súa arquitectura, o grupo Nós, os Artistiñas ... Desa Atenas aínda fica moito.

Neste percorrido descubriremos algúns elementos artísticos, nen todos coñecidos, e algúns totalmente desapercibidos por nós, viandantes dun día a día en que o tempo non nos permite parar a velos.

O punto de encontro: Ponte romana (diante dos Salesianos) 

Saída ás 11.30h

Galego

Redescubrindo Ourense. Letras Galegas

Celebramos as Letras Galegas percorrendo Ourense descubrindo a figura e obra homenaxeada en 2026, Begoña Caamaño, conectándoa coa estela de persoas que desde 1963 foron recoñecidas cada 17 de maio polo seu traballo a prol da lingua e literatura galega. Durante o paseo realizaremos un achegamento as figuras ourensás que recibiron homenaxe en 17 de maio precedentes. 

O punto de encontro será a Biblioteca Pública Nós. 

Saída ás 16.30h 

Galego

A Compostela de Begoña Caamaño

Begoña Caamaño chegou a Compostela para traballar e vivir e a súa pegada quedou en moitos espazos que ela percorreu e habitou. Despois do seu pasamento, a cidade recoñeceu o seu traballo, a súa loita, o seu tempo de lecer. Compostela está xa iluminada polo ronsel que Begoña deixou nela. Por iso cumpre mirala co seu ollar.

Dirixido a 35 persoas de 16 a 99 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Galego

A biblioteca do Museo de Belas Artes

Con motivo da celebración do Día do Libro, desde a Biblioteca do Museo de Belas Artes da Coruña organízase unha visita guiada pola sala de lectura.

A biblioteca, especializada en arte, inclúe obras de referencia, manuais e catálogos de arte, publicacións periódicas nacionais e internacionais, catálogos de poxas e materiais especiais. Na visita explicarase a historia e evolución da biblioteca e das súas coleccións e os seus servizos.

Galego

Visitas guiadas a grupos

As visitas guiadas á exposición «Escolma de Escultura» 2026 atópanse xa dispoñibles. As visitas estarán abertas entre o 14 de abril e o 5 de setembro de 2026.

As visitas organizaranse en grupos de entre 5 e 25 persoas e terán unha duración aproximada de 45 minutos.

Para asistir, é imprescindible realizar reserva previa, ben a través do teléfono 988788439 ou mediante o enderezo electrónico mapour@xunta.gal . Nestes mesmos medios de contacto tamén se poderá solicitar información adicional ou resolver calquera dúbida sobre estas.

Galego

O museo a fondo

Desde o Museo de Belas Artes da Coruña continúan coa serie de visitas didácticas tituladas ‘O museo a fondo’, unha proposta que convida a deterses en obras procedentes dos fondos do museo para redescubrilas cunha mirada máis atenta. 

Desta vez, preséntase un bodegón do recoñecido pintor español Juan van der Hamen y León. Unha pintura do século XVII que permaneceu durante moito tempo nos fondos do museo e que, grazas a un magnífico traballo de restauración, recuperou todo o seu esplendor para poder ser gozada polo público dentro do percorrido da Sala 2.

Galego

Redescubrindo Ourense: Roteiro especial polo Día do Libro

Polo Día do Libro, este ano vamos percorrer Ourense á par da historia da escritura e do libro. Ao longo do paseo descubriremos os distintos “libros” que foron aparecendo ao longo da Historia, como e onde podemos hoxe encontralos, porémoslle cara a esas persoas que fixeron dos libros a súa forma de vida, e coñeceremos a historia libreira de Ourense, incluída a primeira imprenta de la ciudad.

Para asistir a esta actividade é necesaria a inscrición previa que pode facerse a partir do venres anterior ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono 988 788385/ 386.

Galego

Redescubrindo Ourense: O Ourense modernista

Un percorrido pola Ourense do cambio de século, do XIX para o XX, a través do seu desenvolvemento urbanístico coa incorporación das novas formas arquitectónicas. Desde as últimas obras asinadas por Queralt até a década de 1930. No percorrido descubriremos algunhas das referencias da arquitectura  modernista en Ourense, con especial mención, entre outros, aos deseños de Daniel Vázquez-Gulías e Manuel Conde Fidalgo.

Galego

Redescubrindo Ourense: A Esmorga

Este mes descubriremos Ourense a través das páxinas da Esmorga a obra mestra de Eduardo Blanco Amor.

Nesta ruta literaria mergullámonos nos escenarios da novela, recreando a viaxe nocturna de Cibrán, Bocas e Milhomes polas rúas e recunchos da cidade. Un percorrido que conecta a ficción coa realidade, desvelando as claves culturais, sociais e urbanísticas do Ourense que inspirou ao autor.

Únete a este percorrido para experimentar Ourense como nunca: entre a realidade e a ficción de A Esmorga.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro