Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

A Compostela conspiradora

Santiago de Compostela non é só un apacible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder… e do contrapoder. Este roteiro explora os escenarios nos que se desenvolveron as tramoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos.

Galego

Semana do Patrimonio Invisible

A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante.

Galego

Roteiro por un tramo do Camiño Portugués

O Concello de Nigrán despide as súas andainas de verán cun roteiro o 7 de setembro ás 19:00 horas por un tramo do percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. Esta estará guiado e constará dos 4,5 km que separan O Ceán (Pazo de Abacial) e Priegue (banco do peregrino) con
apoio dun autobús para regresar ao punto de orixe. Os interesados deben inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.es ou 986368734.

Galego

El Gaiás en el Camino

Nun momento tan sinalado como este Xacobeo 2021·22 convidámosvos a un percorrido guiado polos vínculos que ten a Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, desde os primeiros planos do proxecto arquitectónico -realizado a semellanza do trazado das rúas da cidade vella compostelá-, aos últimos detalles construtivos que se foron incorporando ao complexo.

Galego

Visita guiada ao Castro de Saa e Bretoña

Visita guiada ao Castro de Saa, o CIN Bretoña e os edificios máis representativos da vila . Nesta ocasión coñeceremos a historia da rexión comezando coa cultura castrexa e os romanos, e rematando coa actualidade de Bretoña. O punto de encontro inicial será o Castro de Saa (Baltar) as 11 da mañá, e despois nos desprazaremos ao centro de Bretoña. É necesario dispoñer de transporte propio de Saa a Bretoña e levar calzado cómodo.

Galego

Unha xeira en barco polo mar de Panxón

O Concello de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) organizan o mércores 10 de agosto unha xeira polo mar de Panxón na que o historiador especialista Xosé Lois Vilar abordará a talasonimia da zona (nomes propios do mar) e as historias a el vinculadas. Retómase así unha actividade habitual na programación de verán en Nigrán e que fora suspendida os dous anos anteriores pola pandemia.

Galego

A praia dos afogados

O Concello de Nigrán renderá homenaxe este mércores ao que considera o seu escritor Domingo Villar co roteiro literario 'A praia dos afogados', novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. A mesma andaina repetirase o 31 de agosto e o Concello a incorporará aos seus roteiros habituais con material informativo específico. Os interesados deben presentarse con roupa e calzado cómodo ás 20:00 horas na Praia da Madorra.

Galego

Descobre o Colón con María Casares

Descobre o Colón con María Casares é o título das visitas guiadas organizadas polo Concello da Coruña neste mes de xullo, con dous obxectivos. Por unha banda, abriranse as portas do teatro ao público para que poida explorar o corazón do último gran cinema-teatro construído en Galicia, inaugurado hai xa 74 anos. Por outra, servirá para recuperar a memoria da actriz, unha das coruñesas máis soadas e destacadas política e culturalmente e considerada a gran dama do teatro francés do século XX.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro