Visitas guiadas para familias
O Museo do Viño de Galicia ofrece visitadas guiadas gratuitas os sábados e domingos, ás 12:00 e ás 18:00 horas.

O Museo do Viño de Galicia ofrece visitadas guiadas gratuitas os sábados e domingos, ás 12:00 e ás 18:00 horas.
RUTA O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ
09 abril 2022 - 17 decembro 2022
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Coordinación: Gema Baños e Virginia Villar
Dirección: Carmen Rey
Prazas: 20
RUTA O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ
09 abril 2022 - 17 decembro 2022
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Coordinación: Gema Baños e Virginia Villar
Dirección: Carmen Rey
Prazas: 20
RUTA O CGAC E OUTROS FITOS DA ARQUITECTURA CONTEMPORÁNEA COMPOSTELÁ
09 abril 2022 - 17 decembro 2022
Horario: de 11:00 a 13:30 h
Coordinación: Gema Baños e Virginia Villar
Dirección: Carmen Rey
Prazas: 20
Santiago de Compostela non é só un apacible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder… e do contrapoder. Este roteiro explora os escenarios nos que se desenvolveron as tramoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos.
A Semana do Patrimonio Invisible é un ciclo que abre as portas de tesouros, habitualmente fechadas, e deseña unhas visitas guiadas de pequenos grupos para que os seus usuarios garden na memoria unha experiencia cultural única. As visitas guiadas que realizamos na Semana do Patrimonio Invisible baséanse en dúas premisas: a calidade do discurso narrativo e a protección dos bens culturais que visitamos. Por este motivo as prazas para cada quenda de visitas son limitadas, e o proceso de reserva precisa da confirmación mediante correo electrónico por parte da organización a cada visitante.
O Concello de Nigrán despide as súas andainas de verán cun roteiro o 7 de setembro ás 19:00 horas por un tramo do percorrido oficial do Camiño Portugués pola Costa. Esta estará guiado e constará dos 4,5 km que separan O Ceán (Pazo de Abacial) e Priegue (banco do peregrino) con
apoio dun autobús para regresar ao punto de orixe. Os interesados deben inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.es ou 986368734.
Nun momento tan sinalado como este Xacobeo 2021·22 convidámosvos a un percorrido guiado polos vínculos que ten a Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, desde os primeiros planos do proxecto arquitectónico -realizado a semellanza do trazado das rúas da cidade vella compostelá-, aos últimos detalles construtivos que se foron incorporando ao complexo.
O Concello de Nigrán despedirá o mes de agosto rendendo homenaxe ao 'seu' escritor Domingo Villar a través do roteiro literario 'A praia dos afogados', novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. Os interesados deben presentarse o mércores 31 de agosto con roupa e calzado cómodo ás 19:00 horas na Praia da Madorra.
Visita guiada ao Castro de Saa, o CIN Bretoña e os edificios máis representativos da vila . Nesta ocasión coñeceremos a historia da rexión comezando coa cultura castrexa e os romanos, e rematando coa actualidade de Bretoña. O punto de encontro inicial será o Castro de Saa (Baltar) as 11 da mañá, e despois nos desprazaremos ao centro de Bretoña. É necesario dispoñer de transporte propio de Saa a Bretoña e levar calzado cómodo.