Un Paseo polo Mar
Museo do Mar. Actividades familiares durante o mes de xuño. Venres ás 17:00 horas visita guiada «Un Paseo polo Mar». Recomendados para nenos a partir dos 6 anos. Necesaria inscrición previa no Tlf. 986 247750.

Museo do Mar. Actividades familiares durante o mes de xuño. Venres ás 17:00 horas visita guiada «Un Paseo polo Mar». Recomendados para nenos a partir dos 6 anos. Necesaria inscrición previa no Tlf. 986 247750.
Ampliación das xornadas de portas abertas que desde o pasado mes de xullo permitiron a 2.500 vigueses e viguesas visitar a Cidade da Xustiza. Mantéñense as visitas guiadas ante o grande interese dos cidadáns por coñecer esta infraestrutura xudicial, a máis importante de Galicia. Deste modo, as visitas guiadas manteranse todos os mércores en tres quendas diarias (16,30, 17,30 e 18,30 horas) previa solicitude de cita no teléfono 986817797.
A Cidade da Cultura volve ser o lugar elixido para albergar unha nova edición da Maker Faire Galicia, o evento de referencia do «movemento maker», que pula pola innovación a nivel educativo, empresarial e social. Na súa 8ª edición a Maker Faire regresa ao Museo Gaiás do 1 ao 5 de xuño en formato híbrido, tras dúas edicións celebradas de xeito integramente online. Deste modo a organización aposta con forza por un encontro físico, cun programa que promete ser o máis completo das súas oito edicións.
Co gallo do Día Internacional dos Museos, hoxe reabre o Museo Casa da Troya cunha xornada de portas abertas. Iníciase así a nova tempada de apertura do museo ao público:
- Maio: Ademais do día 18, a partir do 19, aberto de xoves a sábado no horario habitual (de 11 a 14 e de 16 a 20 horas).
- Xuño: Aberto xoves, venres e sábados.
- Xullo: Aberto días 1, 2, 7, 8 e 9. A partir do 12 de xullo, abriremos de martes a sábado.
- Agosto: De martes a sábados.
- Setembro: Aberto de martes a sábados ata o día 10. Resto do mes, de xoves a sábados.
Visita guiada á antiga fábrica de salga de Mourisca.
Inscrición gratuíta no teléfono: 886 151 101
Visita guiada á sala Escolma de Escultura (ao lado do claustro de San Francisco)
11.30 h e 19.30 h
Duración estimada: 60 min
Para grupos reducidos (20 persoas máximo), con inscrición previa.
Inscrición e máis información no teléfono: 988 788 439 ou no enderezo electrónico: mapour@xunta.gal
Visita guiada aos almacéns do museo no Edificio Santa María de Europa
10.30 h, 12.30 h , 17.30 h e 19.30 h
Duración estimada: 60 min
Para grupos reducidos (10 persoas máximo), con inscrición previa.
Inscrición e máis información no teléfono: 988 788 439 ou no enderezo electrónico: mapour@xunta.gal
Visita guiada ao laboratorio de restauración (Edificio Santa María de Europa)
10.00 h, 12.00 h , 17.00 h e 19.00 h
Duración estimada: 60 min
Para grupos reducidos (10 persoas máximo), con inscrición previa.
Inscrición e máis información no teléfono: 988 788 439 ou no enderezo electrónico: mapour@xunta.gal
Dentro do programa de "Ou que non escríbese -xornadas sobre a creación contemporánea a partir de arquivos sonoros-", inclúese un paseo sonoro por diferentes puntos da cidade nos que se poderán atopar tesouros sonoros. Cada punto esconde un código QR para escanear e escoitar cos auriculares un anaco dunha recolla de música tradicional. Acompañando a cada QR, atoparemos a información do audio: a quen lle foi gravado, onde e cando foi gravado e por quen foi gravado.
Visita a Celanova: Fundación Curros Enríquez, roteiro literario por Celanova, Mosteiro de San Salvador e capela de San Miguel, pequeno concerto de órgano. En colaboración con AMECHIR.
Traslados e visitas de balde.
Uso obrigatorio de máscara no autobús.
Reservas:
Teléfono: 988 788 720
enderezo electrónico: mu.etnoloxico.ribadavia@xunta.gal
Data límite para anotarse: 11 de maio 2022