Visitas guiadas teatralizadas pola obra de Antonio Palacios
Ao longo deste ano levarán a cabo unha serie de visitas guiadas teatralizadas, percorrendo as obras realizadas polo arquitecto porriñés no centro urbano: Botica Nova, Fonte do Cristo, Edificio do Concello, Fornelo da Rede de San Luís. Ademais o evento contará co acompañamento musical dun gaiteiro e tamborileiro da Asociación Cultural Lumeirada.

