Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Descubrindo a Man

O Museo do Mar retoma as súas actividades para as familias e con elas tamén as visitas guiadas ao museo.

Aproveitando a exposición temporal sobre Manfred Gnädinger (máis coñecido como Man), todos os martes, mércores, xoves e venres do mes, ás 18.00 da tarde, farán unha visita guiada especial pola mostra. É apta para todos os públicos (nenos a partir de 8 anos)

Ademais manterán a visita guiada dos domingos ás 12h, para que todas as persoas que desexen coñecer o museo acompañadas dun/a guía podan seguir facendoo.

Galego

Verba manent

Paseo literario en chave feminista orbitando arredor da zona vella de Compostela co leitmotiv das obras de Begoña Caamaño, escritora e activista que estivo moi vinculada á cidade. A poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de guiarnos a través da historia das mulleres que, en moitos casos silenciadas, foron as que construíron as rúas da memoria de Santiago de Compostela: bibliotecarias, escritoras, activistas...

Galego

Compostela vermella. Arantza Portabales

Partindo da Comisaría onde traballan Abad e Barroso, discorreremos polos escenarios de Beleza vermella. Os bares onde Santi e Ana toman café e comen, a casa de Santi Abad no Pombal. Así como os escenarios da nova novela que sairá nuns meses, que nos levará dende o Obradoiro á Ferradura, e á Biblioteca Ánxel Casal.

Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).

Galego

Paseo guiado polo Santiago Republicano

O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.

Galego

A Compostela conspiradora

Santiago de Compostela non é só un apracible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder... e do contrapoder. Este paseo quiado explora os escenarios nos que se desenvolveron as tremoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro