Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O castro da auga

Visita guiada pola escavación e restauración no sector nordés da croa do Castro de Viladonga. A visita terá unha duración de dúas horas e farase en quendas inferiores a 15 persoas. Será necesario o uso de máscara.

Galego

Visitas guiadas

DESTINADAS: centros escolares e de formación, asociacións e outras entidades ou axencias.

CONDICIÓNS: reserva previa e un mínimo de 10 participantes.

INSCRICIÓN: no teléfono 886 151 101 entre as 10.00- 21.00 h de luns a venres ou a través do correo electrónico museo.masso@xunta.gal indicando se é visita guiada ou obradoiro didáctico ou ámbalas dúas actividades. Precisamos que nos indiquen o día, a hora, o número de participantes (tamén as idades no caso de ser escolares) e un nome e teléfono móbil de contacto.

Galego

As nocturnas

Unha experiencia coa que sentir o magnetismo que transmite Lánsbrica, cidade milenaria.

Os sábados: 11 e 25 de xullo - 8 e 22 de agosto

Esta actividade é unha oportunidade magnífica para coñecer o castro de San Cibrao de Las dun xeito diferente. Inclúe a visita libre ao Centro de Interpretación, o percorrido guiado pola área arqueolóxica ás 23:00h, e un chocolate quentiño ao remate da visita.

 

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa LANSBRICA

988 267 285

reservas@pacc.es

Galego

A Cidade: o que non se ve

Unha descuberta diferente do Gaiás na que coñeceremos dun xeito exprés desde as liñas mestras do proxecto arquitectónico, aos principais usos e fitos do complexo, ou as claves do seu funcionamento. Visitaremos o espazo multiusos no andar -1 do Museo Centro Gaiás e tamén a abraiante galería de servizos subterránea, que comunica o subsolo de todos os edificios.

Galego

Xénese e proxecto da Cidade da Cultura

Partindo da visita á exposición permanente das maquetas de todos os proxectos que se presentaron en 1999 ao Concurso Internacional de Arquictura para realizar a Cidade da Cultura de Galicia, coñeceremos os principais fitos da historia do complexo. Debullaremos as propostas presentadas por destacados equipos de arquitectura nacionais e internacionais como Ricardo Bofill, Manuel Gallego Jorreto, Annette Gigon e Mike Guyer, Steve Holl, Rem Koolhaas, Daniel Libeskind, Juan Navarro Baldeweg, Jean Nouvel, Dominique Perrault e César Portela.

Galego

Os espazos naturais do Gaiás

Coñece coa axuda dos nosos guías a xénese, evolución e funcións que se desenvolven na Cidade da Cultura, descubre a espectacular arquitectura de Peter Eisenman, mergúllate nos espazos naturais que rodean o complexo e a fauna e flora que os habita. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e gozar de vistas panorámicas de Santiago desde o cumio do monte Gaiás.

Galego

Gaiás panorámico: un percorrido arquitéctónico

Coñece coa axuda dos nosos guías a xénese, evolución e funcións que se desenvolven na Cidade da Cultura, descubre a espectacular arquitectura de Peter Eisenman, mergúllate nos espazos naturais que rodean o complexo e a fauna e flora que os habita. A través da nosa oferta de visitas comentadas poderás achegarte de xeito ameno e divulgativo a esta singular infraestrutura e gozar de vistas panorámicas de Santiago desde o cumio do monte Gaiás.

Galego

Naturnova

Naturnova, o noso Centro Interactivo de Educación Ambiental, trata de presentar de xeito sinxelo e ameno o medio ambiente, un mundo repleto de marabillas, a todas aquelas persoas interesadas en coñecer, interactuar con respecto e protexer o medio natural.

O principal obxectivo do centro é amosar o noso ecosistema, apelando ao noso sentido do abraio, para coñecelo, valoralo e respectalo, pois ninguén quere aquilo que descoñece.

Esperamos que gocedes da visita virtual!

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro