Misterios e lendas
O funcionamento dos roteiros de Freetour Vigo é o seguinte: podes escoller unha das datas marcadas pola organización ou propoñer ti unha a maiores se xuntas a un grupo de cinco persoas, neste caso sempre suxeito á dispoñibilidade dos guías. Os roteiros serán de seis persoas, guía incluído, e o pago se realizará de maneira voluntaria ao final do tour segundo o grado de satisfacción. As reservas poderán realizarse a través de freetourvigo@gmail.com, do 654 22 69 94 ou das súas redes sociais.

