Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Torre de Hércules

La Torre de Hércules é o faro romano máis antigo do mundo e o único que se conserva en servizo. Construída con toda probabilidade na segunda metade do século I, por un arquitecto de Coimbra de nome Gaio Sevio Lupo, a súa luz foi desde sempre un punto de referencia para os navegantes.
O revestimento exterior actual é do século XVIII, obra de Eustaquio Giannini.

Declarada Ben de Interese Cultural en 1931 e monumento Patrimonio da Humanidade en 2009.

La Torre de Hércules está situada na costa norte da península coruñesa, nun cerro duns 50 metros de altitude.

Galego

Museo Camilo José Cela

A Fundación ofrece anualmente unha completa programación cultural para achegar a figura de Camilo José Cela e o seu legado ao visitante: visitas guiadas á exposición permanente, mostras temporais, préstamos a outros institucións, actividades educativas para escolares e eventos culturais de todo tipo.

A Fundación dispón tamén de amplos e cómodos espazos, de recunchos cheos de historia e de cultura para a realización de todo tipo de actos, cursos, conferencias ou presentacións.

Galego

Aquarium Finisterrae - Casa dos peces

O Aquarium Finisterrae, tamén coñecido como Casa dos Peixes, é un centro público de ciencia dedicado á educación ambiental e a divulgación científica de temas mariños.

O terceiro dos Museos Científicos Coruñeses ten por obxectivo promover o coñecemento do océano e educar actitudes de agarimo cara ao mar e a vida mariña. Foi creado polo Concello da Coruña o 5 de xuño de 1999.

O Aquarium Finisterrae conta con catro salgas de exposicións, cada unha con personalidade propia, e unha colección biolóxica composta por 338 especies diferentes.

Galego

Rutas a pe en Lugo

O Courel: Monte Cido e Devesa da Rogueira

Distancia: 16 km

Dificultad: Moderada

20 MARZO

A Fraga das Reigadas (A Pontenova)

Distancia: 14 km

Dificultad: Moderada

27 MARZO

Arqueoastronomía nos Chaos de Amoeiro (Ourense)

Distancia: 10 km

Dificultad: Fácil

17 ABRIL

Ribeira Sacra lucense do Sil: Muíños e Castro do Xábrega (Os Chancíns)

Distancia: 14 km

Dificultad: Moderada

24 de ABRIL

O Courel: Baldomir – Castro da Torre

Distancia: 16 km

Dificultad: Moderada

Galego

O museo de Pontevedra: A Porta Pechada

Todos os luns ás nove da mañá mostrarase na web do Museo de Pontevedra un vídeo da serie “A porta pechada” no que o persoal do Museo fai unha visita guiada a unha obra ou a unha colección exposta no edificio Castelao ou no edificio Sarmiento. Esta actividade, que se realiza nunha xornada na que o Museo está pechado ao público, pódese seguir no Facebook ou na páxina Web desta institución.

Galego

Mulleres con forza

Os roteiros Mulleres Con Forza, con saída na Praza Maior e que percorrerá o Lugo máis feminino da man da guía local Lida de la Fuente, que están abertas a toda a cidadanía. Serán 4 prazas por roteiro, seguindo as pautas sanitarias, e as inscricións faranse no 010 ou no teléfono 982 297 350.

Galego

Rutas interactivas. App Vigo

O MARCO presenta un novidoso sistema de rutas interactivas dentro do proxecto "Vigo Vertical" do Concello de Vigo.

Deseñado polo equipo de I+D do Concello de Vigo para museos e espazos da cidade, o proxecto foi premiado na máis recente edición do Premio IDC 'Smart Cities & Communities' para Europa e Asia Central.

Dispoñible a través da App Vigo, o novo sistema permite aos visitantes acceder a todo tipo de contido sobre as exposicións temporais e outras actividades do MARCO.

Galego

Día da Ilustración 2021- Lolita Díaz Baliño

O Día da Ilustración dedícase por vez primeira a unha muller, Lolita Díaz Baliño.

Como cada 30 de xaneiro celébrase o Día da Ilustración, unha data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais dá Ilustración ( AGPI). Este ano 2021 dedícase por vez primeira únaa muller, Lolita Díaz Baliño (A Coruña, 1925-1963), relevante e esquecida pintora e ilustradora. A Biblioteca de Galicia quere sumarse a esta efeméride coa mostra bibliográfica, Lolita Díaz Baliño: a discreción imposta dunha gran artista.

Galego

Visitas virtuais aos Museos Científicos en A Coruña

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae están pechados actualmente polas circunstancias sanitarias, pero agora o público poderá visitalos de maneira virtual os fins de semana e os festivos. Estas visitas, que teñen unha duración de 30 minutos e son gratuítas, realizaranse por videoconferencia, cunha conexión a través de Google Meet.

As persoas que reserven algunha das visitas recibirán unha ligazón para conectarse co persoal de atención ao público que estará a dirixir a actividade desde o museo, co que ademais se poderá conversar a través do vídeo ou do chat.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro