Museo Camilo José Cela
A Fundación ofrece anualmente unha completa programación cultural para achegar a figura de Camilo José Cela e o seu legado ao visitante: visitas guiadas á exposición permanente, mostras temporais, préstamos a outros institucións, actividades educativas para escolares e eventos culturais de todo tipo.
A Fundación dispón tamén de amplos e cómodos espazos, de recunchos cheos de historia e de cultura para a realización de todo tipo de actos, cursos, conferencias ou presentacións.

