Barrococó: un achegamento a Domingos de Andrade
Saídas da Casa das Pomas (rúa Nova, 2, Santiago) ás 17.00 e 18.30 h
Museo do Pobo Galego. Santiago
Reservas: servizosdeac@museodopobo.gal

Saídas da Casa das Pomas (rúa Nova, 2, Santiago) ás 17.00 e 18.30 h
Museo do Pobo Galego. Santiago
Reservas: servizosdeac@museodopobo.gal
O Museo do Mar retoma as súas actividades para as familias e con elas tamén as visitas guiadas ao museo.
Aproveitando a exposición temporal sobre Manfred Gnädinger (máis coñecido como Man), todos os martes, mércores, xoves e venres do mes, ás 18.00 da tarde, farán unha visita guiada especial pola mostra. É apta para todos os públicos (nenos a partir de 8 anos)
Ademais manterán a visita guiada dos domingos ás 12h, para que todas as persoas que desexen coñecer o museo acompañadas dun/a guía podan seguir facendoo.
Paseo literario en chave feminista orbitando arredor da zona vella de Compostela co leitmotiv das obras de Begoña Caamaño, escritora e activista que estivo moi vinculada á cidade. A poeta Andrea Nunes Brións e a improvisadora oral Alba María serán as encargadas de guiarnos a través da historia das mulleres que, en moitos casos silenciadas, foron as que construíron as rúas da memoria de Santiago de Compostela: bibliotecarias, escritoras, activistas...
Partindo da Comisaría onde traballan Abad e Barroso, discorreremos polos escenarios de Beleza vermella. Os bares onde Santi e Ana toman café e comen, a casa de Santi Abad no Pombal. Así como os escenarios da nova novela que sairá nuns meses, que nos levará dende o Obradoiro á Ferradura, e á Biblioteca Ánxel Casal.
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).
Paseo guiado dentro da Semana do Libro.
O Concello de Santiago de Compostela organiza a cuarta Semana do Libro de Compostela coa intención de amosar o potencial editorial e literario da nosa cidade. Unha carpa instalada na Praza da Quintana albergará as propostas dos axentes do sector que así o soliciten. A participación poderá ser compartindo espazo e a tempo parcial para aquelas entidades que así o desexen ou ben por un só día no ‘espazo efémero’.
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).
Santiago de Compostela non é só un apracible destino espiritual. Ao longo da súa historia, a cidade xogou un importante papel como actor político do poder... e do contrapoder. Este paseo quiado explora os escenarios nos que se desenvolveron as tremoias (máis ou menos) discretas coas que os poderosos, grupos de presión, sociedades secretas e revolucionarios de toda facción tentaron influír nos destinos deste reino (e doutros). Teremos de todo, como en botica: revoltas, invasións, asasinatos, complots, atentados, montaxes, conxuras e un amplo mostrario de maquiavelismos.
Prazas limitadas (Inscricións no enderezo electrónico selic@santiagodecompostela.gal).
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés organiza singulares paseos que serán explicados polo historiador da cultura Felipe-Senén. 1 Roteiro. A CIDADE VELLA: AS ORIXES DA CORUÑA NESTA CROA, “LOCUS AMOENUS”.
Obxectivo: sensibilizar sobre a Historia da Cultura Coruñesa.