#FabricaAberta
Estrela Galicia segue anunciando novos proxectos para estes tempos complicados pola crise sanitaria ademais de novas cervexas, e a partir de hoxe ofrecerá aos amantes da súa marca "entrar na súa casa" co proxecto Fábrica Aberta. A iniciativa consiste en realizar un percorrido virtual polos espazos nos que se elaboran as cervexas da man de Mestros Cervexeiros.

