Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

PAAR CAMPO LAMEIRO | VISITAS GUIADAS RUPESTRES

Engadindo só 1€ ao prezo da entrada xeral ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro, ofrécese unha visita guiada da man de expertos na materia para explicar, en primeira persoa e dunha forma divertida, o mundo simbólico oculto entre as rocas e a paisaxe desta área arqueolóxica única en Galicia.

 

Consultar na ligazón os horarios das visitas guiadas programadas para cada día en tempada baixa, media e alta.

 

 

 

Galego

Excursión Terras de auga e cultura: Ribeiras altas do miño.

Itinerario: Castros de Ventosiños e Coeses, Penarrubia e Adai

Distancia: 10 Km

Bus: Si

Accesibilidade: Non

Xantar: Posibilidade de xantar en restaurante

 

Punto de saída e de regreso: a parada do bus urbano situada diante do Seminario Maior, na rúa Anxo López Pérez.

A inscrición realizarase na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ata as 14:00 horas do día anterior á celebración da excursión. O número máximo de persoas participantes será de 35, pero algunha delas ten aforo limitado a 25.

Galego

Coñecendo a pé a nosa contorna

O xoves 5 de decembro, o Concello de Nigrán renova o seu programa dirixido aos maiores do municipio 'Coñecendo a nosa contorna a pé' cun paseo polo camiño portugués ao longo da costa desde A Ramallosa ata Panxón, no que, esta vez, participarán estudantes da CEE Panxón. co obxectivo de ser unha actividade interxeracional. Este programa de lecer municipal está deseñado para promover o exercicio físico e a socialización entre os anciáns, dúas cuestións crave para manter un estilo de vida saudable.

Galego

DISTRITO15002

DISTRITO15002 é un proxecto de mediación cultural do Departamento de Didáctica do Museo de Belas Artes da Coruña, que nace co obxectivo de dar a coñecer a historia e o patrimonio do museo e da cidade. Unha oportunidade para descubrir, explorar e compartir xuntos/as a cidade a través da súa cultura e da súa historia.

A través das catro xornadas teremos a oportunidade de coñecer:

Galego

Gaiás Secreto

Achegate á compexidade desta infraestructura accedendo a espazos habitualmente restrinxidos ao público. Disfruta das vistas panorámicas de Compostela dende o mirador do Bosque de Galiza e reláxate rodeado da natureza no Xardín do Teatro. Un completo percorrido para explorar unha das infraestructuras contemporáneas máis singulares de España.

Galego

María Miramontes: muller galeguista, modista moderna, exiliada e esquecida

Roteiro guiado con Encarna Otero polos lugares de Santiago de Compostela importantes durante a estadía na cidade de María Miramontes.

O punto de encontro é a nosa biblioteca. O percorrido contnúa polas rúas Carretas, Hortas e Inferniño ata a Praza do Obradoiro, onde compartiu o seu proxecto con Anxel Casal e de onde saíu a comitiva que levou o Estatuto de autonomía de Galicia para ser ratificado polas Cortes.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro