Visita guiada á Biblioteca e Arquivo de Galicia
O Día Internacional da Biblioteca nace en memoria da destrución en 1992 da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no conflito balcánico. Neste día inténtase intensificar na opinión pública a importancia das bibliotecas nas comunidades, a súa labor de socialización, de formación, e de convivencia educativa intercultural. Por este motivo as bibliotecas son un lugar de encontro e aprendizaxe, e neste día especial fanse actividades específicas, visitas guiadas e agasállase ós usuarios e visitantes con libros. Un día para aproveitar a coñecer as bibliotecas de proximidade.

