Noites de verán no museo
Visita guiada ao museo en horario especial de verán. O museo permanecerá aberto ata as 24 horas.

Visita guiada ao museo en horario especial de verán. O museo permanecerá aberto ata as 24 horas.
O Parque Nacional das Illas Atlánticas conta con numerosas rutas durante o ano, pero, nesta oportunidade, Monumenta realizará unha andaina diferente na que se falará sobre conceptos como a paisaxe e a súa relación co mundo da arte. Trátase de ofrecer unha perspectiva diferente sobre o parque natural para aprender a observar o espazo físico desde o punto de vista dun artista.
Os Peares é un dos grandes epicentros da industria galega e non só pola actividade fabril presente na zona, como as centrais eléctricas, as adegas de viño, o ferrocarril e outras empresas tradicionais, senón tamén porque os seus encoros foron decisivos para a subministración eléctrica, o que propiciou a instalación posterior de empresas tan importantes como Citroën en Vigo.
Percorrerase un novo Camiño Real para coñecer o románico en Ulloa. Por unha desas vías secundarias do camiño xacobeo chegarase ata o castelo de Pambre. Os seus construtores son os Ulloa, unha das linaxes nobres galegas máis distinguidas dos últimos séculos do medievo, que o converteron no espazo principal da familia a finais do século XIV. O seu simbolismo traspasa o ámbito do particular para converterse nun dos emblemas da comarca e parte do escudo do propio municipio de Palas de Rei.
Visita ao que está considerado o terceiro centro dos inicios do cristianismo e da vida monástica en Galicia: o mosteiro de San Pedro de Rocas. Este templo excepcional será a derradeira parada dun percorrido polo chamado Camiño Real, que desde Esgos aínda conserva o seu pavimento, as marcas das carruaxes e, sobre todo, o paso do tempo entre unha vexetación desbordante e fermosa. Repasarase a historia dos camiños: desde as vías romanas e as vías medievais, ata os camiños reais, que deron lugar a parte das estradas da actualidade.
É un reto realizar unha andaina arredor do patrimonio inmaterial porque as pegadas son, en moitos casos, invisibles, pero tamén é unha oportunidade para experimentar e traballar coa imaxinación. Esta andaina de Monumenta será un paseo por Ordes, en conversa con Xavier Groba, un dos dous autores do libro Gustav Henmingsen. Gravacións musicais en Galiza 1964-1968. Volverase a aquela Galicia máxica dos anos sesenta, mentres se visitan os graffitis e murais que cada ano programa o festival Desordes Creativas.
A interpretación dos océanos desde a costa serviranos para bosquexar a vida e a obra da oceanógrafa máis importante que deu Galicia. Malia que Ángeles Alvariño desenvolveu a súa investigación no océano, nesta viaxe interpretaremos o medio mariño desde o continente centrándonos na interacción e na súa importancia nas nosas vidas.
Tomando como referencia o pioneiro labor científico de Baltasar Merino como botánico e meteorólogo, e analizando a importancia da súa obra para Galicia e para a ciencia de inicios do século xx, abordaremos os distintos ambientes ecolóxicos deste sector da costa galega a través da distribución das súas plantas. Ensinaremos como se fan inventarios e transeptos de vexetación, así como técnicas básicas de herborización. Observaremos as nubes e valoraremos as súas características cara á predición do tempo.
A construción da muralla romana introduciu cambios na fisionomía da cidade antiga. Algúns edificios quedaron cortados polo seu trazado, como sucedeu coa Domus do Mitreo, punto de partida da andaina. Ao longo do percorrido, poderanse observar os cambios urbanísticos que se produciron na contorna da muralla nestes últimos anos, as intervencións arqueolóxicas ligadas á súa conservación e os novos modos de integrar o patrimonio natural no patrimonio
cultural, porque os vencellos aniñan entre as súas pedras e son parte da mesma paisaxe.
Nun entorno único, cando o sol do verán cae, e as luces nocturnas alumean, xorde Noitepedras, unha experiencia cultural do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro que vai pola súa terceira edición. Este ano haberá un novo sistema de iluminación de lámpadas de tecnoloxía LED nos principais petróglifos da Área Arqueolóxica, ademais dun novo itinerario e temática: Mitos, maxia e relixión: Historias dxs gravadorxs de pedras.
Reservas: 886 15 11 95/reservas@paar.es
Prezo: 10 euros adultos; 8 euros nenos