Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

V Noite das Perseidas

Unha experiencia digna de recordo onde os sons, a gastronomía, a paisaxe e as estrelas transportarán aos participantes á vida dos nosos antepasados da Idade do Ferro.

Así, ás 20:00h, o musicólogo Abraham Cupeiro achegarase á parte máis íntima e humana dos instrumentos de vento. Resoando no pasado é un concerto pedagóxico no que conflúen arqueoloxía, investigación e interpretación musical a partes iguais.

Galego

Noite Branca

O Centro Interactivo de Educación Ambiental, Naturnova, abre as súas portas de forma totalmente gratuíta con motivo da celebración da Noite Branca. Durante o percorrido poderase gozar das curiosidades dos planetas, observar os fenómenos atmosféricos, aprender sobre as enerxías renovables e ata realizar unha viaxe virtual no simulador de submarino.

Galego

Caricias en braille

A XIII edición de Música no claustro convida por vez primeira a un encontro e diálogo de persoas con e sen discapacidade visual. Unha experiencia na que se poden tocar diferentes obras do legado artístico da catedral de Tui e descubrir a través do tacto os diferentes materiais e as texturas da escultura. Un itinerario de 90 minutos de duración que finaliza no propio obradoiro de imaxinería castelá que se desenvolve no claustro, coa descuberta das formas e dos aromas das ferramentas, das madeiras e dos tintes naturais.

Galego

Visitas teatralizadas

Organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela e coa colaboración da Sala Viguesa de Esgrima Antiga, o Museo Meirande acollerá unha sesión de visitas teatralizadas. 

O museo, Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só artística, senón tamén socio-cultural e paisaxística da zona.

Galego

Ruta dos muíños

Ruta circular que ten como punto de partida e chegada a igrexa de San Xiao de Moraime, unha edificación que outrora formou parte dun mosteiro fundado arredor do século X e que foi o centro económico e cultural que daría lugar ao nacemento da vila de Muxía.

Galego

Roteiro polo patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio

A xornada comezará de mañá para percorrer diferentes elementos do patrimonio arqueolóxico da zona. O percorrido sairá da aldea de Bermún, situada sobre o castro que leva o seu nome. Visitarase a cova de Bermún e farase un percorrido duns catro quilómetros ata o castro defensivo de Formigueiros, un asentamento da Idade de Ferro que foi escavado recentemente e no que se atoparon varias inscricións sobre lousas de xisto.

Galego

Tras as pegadas do mariscal. Visita á fortaleza da Frouseira

Subida ao miradoiro da Frouseira, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, lugar no que resistiu durante tres anos ao asedio dos exércitos dos Reis Católicos o mariscal Pardo de Cela. A visita enténdese como unha aproximación á figura do mito e a un dos episodios máis relevantes e decisivos da historia de Galicia, acontecido no século XV. A fortaleza de Pena Frouseira, bastión natural case inexpugnable, aséntase sobre un afloramento granítico a unha altura de 429 metros e a súa planta adáptase ás moitas irregularidades do terreo. Actualmente consérvanse escasos restos e en mal estado.

Galego

Visita ao campamento romano de Ciadella

O Campamento romano de Ciadella é un dos máis importantes conxuntos arqueolóxicos de época romana que se conservan en Galicia. Este campamento militar romano estivo activo entre os séculos II e IV e dispuña de todas as dependencias necesarias para o desenvolvemento das tarefas de adestramento militar e da vida diaria dos seus habitantes, desde os soldados de infantería e cabalería ata os comandos e as súas familias, así como as persoas que desenvolvían diferentes oficios nas ferrerías, curtidoiros ou fornos de pan.

Galego

Xornada inaugural a carón das Illas Atlánticas

A xornada inclúe unha visita en barco e andainas pola illa de Sálvora, unha das menos coñecidas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Actualmente despoboada, nela consérvanse restos do antigo poboado e distintas edificacións. Á volta, haberá un xantar conxunto e visita ao Quinteiro de Temperán, unha antiga casa labrega do século XVIII restaurada aos usos do século XIX, que funciona como centro de interpretación da vida rural daquel tempo. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro