Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Visita guiada á exposición Ánxel Casal, 125 anos con Nós e proxección do documental Ánxel Casal, a luz impresa

A Agrupación Cultural O Galo organiza unha visita á exposición Ánxel Casal, 125 anos con Nós guiada polo comisario da mesma, Xan Leira. A continuación realizarase no salón de actos a proxección do documental Ánxel Casal, a luz impresa.

As persoas interesadas poderán retirar a súa invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. A capacidade da visita guiada está limitada a 30 persoas e a proxección do documental a 60 persoas.

Galego

Visitas guiadas á exposición do pintor Alejandro González Pascual

Se queres coñecer mellor a vida e obra do pintor Alejandro González Pascual podes asistir ás visitas guiadas á exposición dos venres e sábados ás 18:30h. Só tes que reservar praza no correo mu.belas.artes.coruna@xunta.gal

Tamén facemos visitas para grupos organizados de martes a venres no horario do museo, previa reserva no mesmo correo electrónico.

 

Galego

Visita guiada para familias á exposición “Fábulas de Almada Negreiros”

Os vindeiros sábados 22 e 29 de xaneiro, familias, nenos e nenas están convidados a achegarse á exposición “Fábulas de Almada Negreiros” dunha maneira diferente. Da man da actriz Nerea Brey Fernández poderán coñecer aos animais protagonistas das obras e desfrutar dun día distinto e divertido no museo.
Animádevos!

Entrada libre e de balde ata completar capacidade.
Observaranse as medidas de prevención establecidas na lexislación vixente ante a crise sanitaria ocasionada pola covid-19

Galego

Nadal no Gaiás 2021: O marabilloso Camiño de Inverno

O Hall de Tirantes, no Andar 0 do Museo Centro Gaiás, convértese neste Nadal nun  paraíso de inverno, onde a maxia propia destas datas e o Camiño van da man.  Así, atoparemos globos de neve a escala humana con varios elementos representativos do Camiño de Inverno no seu interior, facendo un percorrido a través de varias escenas que fan referencia a lugares emblemáticos da Ruta Xacobea.

Galego

Roteiro micolóxico

O Concello de Nigrán, como cada outono, organiza este sábado 20 de novembro un roteiro micolóxico polo futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas (parroquias de Camos e Chandebrito). O punto de encontro para a saída será ás 11:00 horas desde a Igrexa de Camos (onda o cemiterio) e terá unha duración aproximada de dúas horas. Os participantes deben levar calzado e roupa axeitados.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro