Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

El Gaiás en el Camino

Nun momento tan sinalado como este Xacobeo 2021·22 convidámosvos a un percorrido guiado polos vínculos que ten a Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, desde os primeiros planos do proxecto arquitectónico -realizado a semellanza do trazado das rúas da cidade vella compostelá-, aos últimos detalles construtivos que se foron incorporando ao complexo.

Galego

Visita guiada ao Castro de Saa e Bretoña

Visita guiada ao Castro de Saa, o CIN Bretoña e os edificios máis representativos da vila . Nesta ocasión coñeceremos a historia da rexión comezando coa cultura castrexa e os romanos, e rematando coa actualidade de Bretoña. O punto de encontro inicial será o Castro de Saa (Baltar) as 11 da mañá, e despois nos desprazaremos ao centro de Bretoña. É necesario dispoñer de transporte propio de Saa a Bretoña e levar calzado cómodo.

Galego

Unha xeira en barco polo mar de Panxón

O Concello de Nigrán e o Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) organizan o mércores 10 de agosto unha xeira polo mar de Panxón na que o historiador especialista Xosé Lois Vilar abordará a talasonimia da zona (nomes propios do mar) e as historias a el vinculadas. Retómase así unha actividade habitual na programación de verán en Nigrán e que fora suspendida os dous anos anteriores pola pandemia.

Galego

A praia dos afogados

O Concello de Nigrán renderá homenaxe este mércores ao que considera o seu escritor Domingo Villar co roteiro literario 'A praia dos afogados', novela negra na que o municipio xoga un papel moi destacado. A mesma andaina repetirase o 31 de agosto e o Concello a incorporará aos seus roteiros habituais con material informativo específico. Os interesados deben presentarse con roupa e calzado cómodo ás 20:00 horas na Praia da Madorra.

Galego

Descobre o Colón con María Casares

Descobre o Colón con María Casares é o título das visitas guiadas organizadas polo Concello da Coruña neste mes de xullo, con dous obxectivos. Por unha banda, abriranse as portas do teatro ao público para que poida explorar o corazón do último gran cinema-teatro construído en Galicia, inaugurado hai xa 74 anos. Por outra, servirá para recuperar a memoria da actriz, unha das coruñesas máis soadas e destacadas política e culturalmente e considerada a gran dama do teatro francés do século XX.

Galego

Singladuras pola ría no galeón Ave de Paso

Visita guiada pola ría no galeón Ave de Paso.

CONDICIÓNS PARA FACER A PREINSCRICIÓN

Realizar a solicitude por correo electrónico á museo.masso@xunta.gal
facilitando os seguintes datos de cada persoa interesada:

Nome e apelidos
Grupo de idade (especificar os anos no caso de ser menor)
Procedencia
Número de DNI
Teléfono de contacto

NON se admiten grupos de MÁIS DE 4 persoas
Cada menor ten que ir acompañado dun adulto

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro