Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

ROTEIRO SOBRE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O pasado Día das Letras Galegas 2023 dedicou a súa 60ª edición á figura de Francisco Fernández del Riego, tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor galego.

Estes percorridos, deseñados para todos os públicos, vincularán a figura de Fernández del Riego con diversas obras e autores da colección permanente do Museo de Belas Artes da Coruña.

Duración: 1 hora

Inscrición:

Galego

O sangue das pantasmas, unha viaxe ás sombras de Santiago

A literatura e a tradición oral galega sempre situou as historias de aparecidos no rural, pero as cidades galegas están cheas de historias de pantasmas. Santiago de Compostela é un dos espazos urbanos nos que conviven pantasmas de diferentes xenealoxías: desde os vellos defuntos da tradición oral galega, ata toda unha colección de pantasmas de mansión, ouveantes defuntos da literatura gótica do século XIX, combates relixiosos e mesmo aparicións do cine de terror dos anos 70.

Galego

Día das bibliotecas no Museo Etnolóxico de Ribadavia

Para celebrar o Día das Bibliotecas, as portas da biblioteca do Museo Etnolóxico de Ribadavia ábrense dun xeito especial esta semana: reforzando fíos, seguindo o lema deste ano “Tecendo Comunidades”.  Poderedes formar parte de visitas guiadas á biblioteca que permitirán coñecela dunha maneira máis próxima, achegándose a documentos singulares, etc..

Ademais a biblioteca do museo participará na mesa redonda “Bibliotecas do Ribeiro”.

Galego

Roteiro nocturno polos petroglifos de Monteferro

O xoves 13 de xullo o Concello ofrece un roteiro nocturno polos petróglifos de Monteferro guiado por arqueólogos da cooperativa Árbore, encargados de mellorar a sinalización e o estado dos gravados desta península. Os interesados en participar tan só deben presentarse ás 21:00 horas ante o Monumento á Mariña Universal cunha lanterna (serviría un móvil con lanterna). Entre os diferentes petroglifos que verán destaca o de ‘Penisas Pequenas’, aquí, entre outras cousas, figuran dous podomorfos, sendo un deles moi evidente ao apreciarse incluso as dedas do pé.

Galego

A trastenda do Aquarium Finisterrae

Esta actividade ofrece a posibilidade de coñecer, da man do persoal técnico do Aquarium Finisterrae, as instalacións necesarias para o control e manexo dos millóns de litros de auga mariña que pasan diariamente polos seus tanques. Inclúe o acceso ás salas de bombeo e de filtración; ao laboratorio; á cociña; ás corentenas; e á sala de cultivos auxiliares. Tamén será unha oportunidade para descubrir os principais recursos que se empregan para manter as condicións biolóxicas e ambientais adecuadas dos seres vivos que alberga o centro.

Galego

Vixésimo cuarto aniversario do Aquarium Finisterrae

De luns a venres, ás 17.30 h os visitantes do acuario coruñés poderán realizar a visita guiada «Sinais de alarma», un itinerario pola sala Maremagnum onde se presentarán e comentarán un variado conxunto de procesos e transformacións ambientais que se están producindo no noso planeta, especialmente en relación coas contornas mariñas. Diferentes módulos e acuarios servirán para abordar cuestións como a acidificación das augas, a contaminación mariña, as especies invasoras, a sobreexplotación dos recursos naturais ou a ruptura dos equilibrios ambientais.

Galego

XIII edición de Xornada de Portas Abertas do Oceanográfico

Os científicos e técnicos do IEO explicarán de forma próxima algúns dos aspectos da ciencia dos océanos. Para iso deseñaron varias actividades:

- PESQUEIRAS SOSTIBLES: No obradoiro de pesca descubriremos como é un peixe por dentro, aprenderemos a medilos e pesalos como o fan os científicos, a distinguir o sexo dos peixes e a saber cantos anos teñen. Tamén poderás ver a estrutura microscópica dos ovarios, falaremos da selectividade das redes de pesca e dos sistemas de marcaxe de exemplares. Todas estas técnicas son importantes para asegurar a sostibilidade da pesca.

Galego

Paseando Nigrán

O Concello de Nigrán continúa este mes de xuño cos roteiros urbanos ofrecendo o sábado 10 e o domingo 25 o programa 'Paseando Nigrán' con percorridos circulares de aproximadamente 2 horas. É preciso inscribirse previamente en oficinaturismo@nigran.org indicando nome completo, teléfono e ruta. Recoméndase acudir sempre con roupa cómoda, calzado axeitado para camiñar, protector solar e unha botella de auga.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro