Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Visitas guiadas: O Rexionalismo

 

Esta visita guiada céntrase na sala 5, onde se presenta a obra dos principais artistas do Rexionalismo, nados en Galicia nas últimas décadas do século XIX, que buscan a aproximación á cultura popular galega a través da paisaxe, as xentes e os costumes. Ademais, a muller conta cun espazo definido, pois comeza a ter cada vez máis relevancia, non soamente dende o punto de vista iconográfico, senón tamén como creadora.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Galego

Visitas guiadas: O Barroco

Esta visita guiada céntrase no Barroco. A sala 2 dedícase á pintura barroca europea do século XVII, con exemplos de España e Flandres, con especial incidencia da pintura mitolóxica, na que Rubens ten un protagonismo fundamental.

Con inscrición previa. A apertura da inscrición será o mesmo sábado 7 de xuño dende as 10:00 h.

Consultar nesta ligazón do museo as condicións para a inscrición previa.

Galego

Ourense removido

Roteiro guiado por Xeitura. Descubre os segredos detrás dos elementos e monumentos de Ourense que foron cambiados de lugar! 

Nesta ruta, mergullámonos na historia oculta dos monumentos que foron trasladados a novos espazos na cidade, explorando as razóns, os momentos e as historias que motivaron estas modificacións. A través deste percorrido, desvelaremos o proceso de transformación urbana e o impacto destes cambios na identidade da cidade.

Venres 20 de xuño ás 11:30.

Prazas limitadas. Inscricións dende o venres anterior ás 9:00 nos teléfonos 988 788 385 / 386

Galego

Visitas guiadas: O Rexionalismo

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra o Día Internacional dos Museos o vindeiro 18 de maio e a Noite dos Museos o seguinte sábado, 24 de maio cunha programación especial. Ademais, o 24 de maio haberá apertura extraordinaria ata as 23:30 horas.

Os museos son máis que espazos de conservación, son activos partícipes na configuración de comunidades. E, como motores culturais que son, deben xerar espazos e dar respostas, dunha forma sostible e inclusiva, a unha sociedade cada vez máis diversa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro