Xornada de portas abertas no Arquivo de Galicia
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Arquivos, organízanse xornadas de portas abertas co obxectivo de dar a coñecer o Arquivo de Galicia á cidadanía mediante un percorrido polas súas instalacións e unha explicación dos documentos que nel se conservan co apoio dunha representativa mostra documental do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Compostela.
Mais información no teléfono 881 999 665 ou no enderezo electrónico do arquivo: arquivogalicia.cultura@xunta.gal

