Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Descubrir o Arquivo do Reino de Galicia

No próximo mes de novembro comeza un novo programa de visitas guiadas ao Arquivo do Reino de Galicia. Así, o primeiro mércores de cada mes, ás 18:00 horas, faremos un percorrido polo arquivo, para explicar a todas as persoas que desexen acompañarnos a súa historia, as funcións que desempeña, os fondos documentais que custodia e o edificio que o acolle.

 A primeira visita será mércores, 4 de novembro. A segunda, mércores, 2 de decembro.

Esta actividade está dirixida a todos os públicos

 

 

Galego

Paseos pola Coruña literaria 2015

Novos paseos pola nosa cidade coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na Coruña. Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Neste terceiro paseo, é Felipe Senén quen guía os participantes con 'De conversa co "Genius loci" dunha cidade vella'

 

Galego

Paseos pola Coruña literaria 2015

Novos paseos pola Coruña coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade. Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Nesta segunda cita dos paseos literarios, os participantes coñeceran da man de Pedro Feijoo A Coruña de Rosalía e Murguía: tras o vento da negra sombra.

 

Galego

Paseos pola Coruña literaria 2015

Novos paseos por Coruña coas propias escritoras e escritores que escribiron obras ambientadas na cidade. Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Dores Tembrás comeza estes paseos desde os Xardíns dos Cantóns.

 

A cidade que se abre nunha cartografía infantil, unha urbe que se pon ao descuberto por medio das historias dos avós pero tamén dos referentes literarios coñecidos na adolescencia. Unha pequena deriva pespuntada palabra a palabra:

e as pegas rebuldás

Galego

A Cultura do xeo en Galicia

Un dos capítulos máis descoñecidos da historia económica de Galicia é o da cultura vinculada á explotación e comercio da neve e do xeo e a existencia de neveiras que, en diferentes puntos da nosa xeografía, e nun estado bastante precario ou incluso totalmente ocultas, aínda se conservan. Aínda que a conservación de neve para refrixerar alimentos e bebidas e para a súa venda existiu desde a antigüidade, constátase que foi unha práctica que floreceu entre os séculos XVI e XIX, en especial durante a chamada Pequena Idade Glacial.

Galego

De minas e viñas

A pequena parroquia de San Xoán de Éntoma, no concello do Barco, é un lugar de singulares e abondosas pegadas da historia perceptibles aínda nunha paisaxe, na que se detecta unha transformadora presenza humana, tanto a través do cultivo da vide, como dos vestixios de antigas explotacións mineiras. O percorrido por estas terras parte da igrexa parroquial de San Xoán, unha singular construción en pedra vermella do país, que loce nunha das portas laterais a cruz da orde de San Xoán de Xerusalén ou de Malta, á que pertenceu esta igrexa.

Galego

Ruta a pé polo carreiro do Deza

Esta ruta circular percorre unha parte da contorna natural que circunda o mosteiro de Carboeiro, seguindo o curso do río Deza, ata a praia fluvial da Carixa, pasando polas antigas casas de baños da Brea, hoxe convertidas en balneario e que aproveitan unha veta de augas sulfurosas, que xa eran empregadas polos monxes para tratar as doenzas da pel.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro