Visita guiada/Roteiro

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Días Europeos da Artesanía

No marco dos Días Europeos da Artesanía, o Centro de Artesanía e Deseño organiza diferentes actividades de divulgación. 

O sábado ás 12 organiza unha visita guiada á colección de instrumentos musicais e ás 17 unha xornada sobre vestimenta e folclore. O domingo ás 18 será unha visita guiada á exposición Traxandaina, sobre o traxe aldeán nas terras de Lugo. 

Galego

Memoria silente

Este itinerario inclúe a visita aos espazos de San Domingos de Bonaval, Santo Agostiño e diversos espazos da Catedral. Aínda que a cidade de Compostela conta hoxe en día con 18 órganos (se se contan como dobres as dúas caixas da catedral e os de San Martiño Pinario), noutros tempos houbo moitos máis nas diferentes igrexas e capelas situadas pola cidade. 

Andrés Díaz Pazos será o relator. 

Máxima capacidade: 50 persoas

Galego

Visitas guiadas no CGAC

O CGAC ten un programa de visitas guiadas durante a fin de semana ao longo do ano.

Todos os sábados, desde outubro de 2017 ata xullo de 2018, o público poderá́ achegarse ao Centro Galego de Arte Contemporánea para gozar das mostras expositivas acompañado por mediadoras especializadas en arte. Este servizo ten como finalidade estimular o interese pola creación artística contemporánea e facilitar a comunicación entre o espectador e as obras de arte.

Todos os sábados e domingos, ás 12 horas.

Para participar nesta actividade non é preciso solicitar cita previa.

Galego

Galicia-Irlanda. Dende os Milesios ate o Colexio de San Patricio

Visita guiada organizada polo Colexio Irlandés e realizada por Suso Martínez con motivo do Día de San Patricio, visitando os sitios do patrimonio histórico de Compostela ligados á presencia irlandesa e repasando as conexións especiais que ligan a Eire con Galicia a través da historia, nun itinerario no que se percorrerá, ademáis de lugares físicos, lendas, tradicións e feitos: a torre de Breoghán, os Milesios, o Flight of the Earls, Tyrconnell, Bearehaven, os bispos irlandeses sepultados na catedral, os colexios dos irlandeses das rúas das Hortas e Nova, e os seus estudantes, frai Mateo de

Galego

Camiñar o Vigo vello

O escritor Pedro Feijoo presenta no Centro Camões de Vigo o seu novo libro, Camiñar o Vigo Vello, un paseo pola historia da cidade, acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, e por Carla Sofia Amado, responsable do centro. Trala presentación, o autor guiará un pequeno paseo pola cidade antiga. 

Galego

Mulleres na historia de Compostela

A actividade comezará ás 17:00 h na praza de Praterías, na Fonte dos Cabalos. A visita percorrerá o centro histórico da cidade desde a perspectiva das mulleres que marcaron a cultura, a ciencia, a historia e as lendas de Santiago de Compostela e Galicia. O itinerario é 100% accesible.

Duración estimada: 2 horas
Entrada xeral: 10 €. Nenos e nenas de 8 a 12 anos: 5 €. Gratis ata 7 anos.

Galego

Visitas teatralizadas en Ponte Ledesma - Gres

O actor e guía turístico Suso Martínez organizará o 4 e 11 de marzo dúas visitas teatralizadas na ponte de Ledesma.

Nelas, o actor transformarase en Benito de Martínez para recordar a batalla de 1809 contra os franceses, a través da personaxe do capitán do exército que conformaron os labradores. 

As visitas son gratuitas.

Para máis información e inscricións, pódese contactar cos concellos de Boqueixón e Vila de Cruces. 

Galego

Día do Guía de Turismo

O 21 de febreiro é o Día do Guía de Turismo, que a Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia celebrará cunha serie de visitas guiadas polas cidades galegas. As visitas serán gratuitas e abertas a todo o mundo, aínda que poderanse entregar donativos ao peche que irán destinados a diferentes ONGs galegas. 

Galego

Polo Vigo de Rosalía

Aínda que cando se pensa en Rosalía de Castro habitualmente asociamos a poeta a Santiago de Compostela e Padrón, Rosalía tamén ten vínculos con Vigo. En Vigo estaba a imprenta de Juan Compañel, o impresor dos autores do Rexurdimento. O roteiro percorrerá o Casco Vello rememorando o Vigo do XIX e os puntos ligados a Rosalía. 

Guiado por Xurxo Martínez González. Non é preciso inscrición previa.  

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Visita guiada/Roteiro