Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Foco Tsai Ming-liang: Rizi (Days)

Kang vive só nunha casa grande. A través das ventás, mira cara as árbores golpeadas polo vento e a choiva. Sente unha dor estraña de orixe descoñecida que apenas pode soportar e que lle afecta a todo o seu corpo. Non vive nun pequeno apartamento en Bangkok onde prepara pratos tradicionais da súa terra natal. Cando Kang se reúne con Non nun cuarto de hotel, os dous homes comparten a súa soidade.

Galego

Unha historia verdadeira

Baseada nun feito real ocorrido en 1994,'Unha historia verdadeira preséntanos a Alvin Straight (Richard Farnsworth), un home de 73 anos que tras enviuvar vive coa súa filla Rose (Sissy Spacek), unha moza discapacitada. O seu estado de saúde non é moi bo: ten problemas de visión, non pode andar ben por culpa da cadeira, sofre un enfisema e ultimamente está sufrindo desmaios estraños.

Galego

Dirty Dancing

Situámonos a mediados dos anos sesenta para acompañar os Houseman nas súas idílicas vacacións no balneario de Catskill (Nova York). Alí, a filla menor do matrimonio, Baby Hoseuman, namorará do seu profesor de baile, Johnny Castle, e do mundo que este lle descobre. Ao pertencer a clases sociais moi distintas, o seu amor de verán terá que facerlle fronte ás diferenzas que a contorna de cadaquén marque, sempre co baile como escenario de fondo.

Galego

College

COLLEGE (1927), é unha divertida comedia sobre o mundo universitario e a guerra permanente entre os empollones e os deportistas. A pesar de ser unha páxina escondida dentro da filmografía de Keaton, a cinta conta con algúns gags hilarantes, e segue sendo considerada hoxe en día como unha das películas que asentou as bases das comedias universitarias que poboarían as salas de cinema en décadas posteriores.

Galego

Festina Lente

Festina lente é un avance constante que busca unha reflexión do momento presente.  Nun mundo no que a pel-pantalla coloniza as nosas relacións, preguntámonos se é posible o encontro, mirar iso que non se ve, entrar e parar. Preguntámonos cómo deixar xurdir novas realidades, fóra dos remuíños do capitalismo que devora, cada vez máis, a corporalidade.

 

Galego

O carnaval das almas

Mary Henry é vítima dun accidente automobilístico; desde unha ponte colgante o seu vehículo precipítase a un río. Horas despois, Mary aparece soa e desorientada nun banco de area. Axiña notará que o mundo que a rodea mudou. A liña que separa os vivos dos mortos faise cada vez máis borrosa. É entón cando aparecen eles...

Galego

Uppercase Print/ Letra Maiúscula

Romanía, 1981. O ditador Nicolae Ceaușescu está no goberno, liderando unha Romanía comunista. Escribe a historia oficial coa axuda da Televisión Nacional. Mugur Călinescu, un adolescente de 16 anos, escribe con xiz e en maiúsculas outra historia nas paredes con mensaxes de protesta contra o réxime. As súas accións recompílanse nun voluminoso arquivo que mantén a Policía Secreta (Securitate), que o observou, apresou e interrogou.

Galego

Mothers

A lexislación de Marrocos tipifica como delito as relacións sexuais fóra do matrimonio e unha muller pode ser condenada a prisión se queda grávida sen estar casada. O aborto tamén é ilegal, só está permitido cando o embarazo pon en risco a saúde da muller e o home debe dar o seu consentimento. Moitas mulleres novas atópanse nunha situación de vulnerabilidade e, a miúdo, non se atreven a explicar o embarazo ás súas familias por medo ao rexeitamento.

Galego

Lobster soup

Krilli prepara a sopa de lagosta. O seu irmán Alli senta cos vellos pescadores, o último boxeador da illa e o tradutor do Quixote a islandés. Cada día atopan unha solución aos grandes problemas do mundo. A sopa é tan exquisita que atrae multitudes de autocares cargados de turistas. O éxito da sopa supera todas as expectativas ata o punto de captar o interese duns ambiciosos investidores. Queren comprar o local, amplialo e colgar un gran esqueleto de balea na parede.

Galego

O retorno. A vida despois do Isis

O acceso exclusivo de Alba Sotorra ao campor da o-Roj, no noroeste de Siria móstranos a dura realidade dun grupo de mulleres atrapadas polo seu pasado como membros do ISIS. Shamima Begum (Reino Unido) e Hoda Muthana (EUA) marcharon dos seus países manipuladas pola propaganda terrorista e o odio das redes sociais. ¿O arrepentimento sincero merece unha segunda oportunidade? ¿Pódese xustificar que os países occidentais acepten o retorno dos seus fillos, pero rexeiten que as súas nais poidan volver? A directora catalá esfórzase por comprender os matices dunha situación complexa e delicada.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual