Os Goonies
Mikey é un neno de trece anos que xunto co seu irmán maior e os seus amigos forman un grupo que se fan chamar "os Goonies". Un día deciden subir ao faiado da súa casa, onde o seu pai garda antigüidades. Alí atopan o mapa dun tesouro perdido que data do século XVII, da época dos piratas, e deciden saír a buscalo repletos de espírito aventureiro.

