Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cesteiros de Mondariz

Enmarcado nun proxecto de recuperación do oficio tradicional de cesteiro en Mondariz, esta peza está producida por la compañía EscénaTe e conta con recoñecidos cineastas galegos no seu equipo artístico, como o director Fon Cortizo e o guionista Alexandre Cancelo.

A historia do último mestre cesteiro de Mondariz, Enrique Táboas, serve de fío condutor para tecer narrativamente a memoria colectiva do oficio e os aspectos culturais que o rodeaban, como o verbo dos cesteiros da localidade e a íntima relación coa natureza.

Galego

Donde acaba la memoria

En 1933, Luís Buñuel viaxou ás Hurdes, unha rexión illada e empobrecida do centro de España, para realizar o histórico documental Terra sen pan. 85 anos despois, o hispanista e biógrafo Ian Gibson fixo o mesmo viaxe para completar o traballo dunha
vida.

Galego

Sombras no paraíso

Primeira entrega da "Triloxía do proletariado" de Kaurismäki. Nikander é un traballador do servizo de recollida do lixo. Leva unha vida tranquila, sen preocupacións. Dous sucesos cambiarano todo: a morte sospeitosa dun compañeiro de traballo e a súa historia de amor con Illona, unha muller que traballa como caixeira de supermercado.

Galego

A metamorfose dos paxaros

Beatriz e Henrique casaron o día que ela fixo 21 anos. Henrique, oficial da mariña, pasa longas tempadas no mar. En terra, Beatriz, que sempre tivo unha relación moi especial coas plantas, coida dos seus 6 fillos. O seu fillo maior, Jacinto, soña acotío con ser un paxaro. Un día, de súpeto, Beatriz desaparece.

Galego

Candyman

Os residentes das vivendas de protección social do barrio de Cabrini Green, Chicago, viviron sempre atemorizados pola lenda de Candyman: un asasino sobrenatural cun garfo a modo de man que se invoca repetindo o seu nome cinco veces diante do espello.

Unha década despois da demolición da última torre de Cabrini, o artista visual Anthony McCoy e a súa moza, a galerista Brianna Cartwright, múdanse a un luxoso apartamento da zona, aburguesada co paso dos anos ata ser irrecoñecible.

Galego

Curtametraxes David Lynch

Six Men Getting Sick (1966, 5')
Primeiro traballo de Lynch, de vocación experimental. Seis figuras vomitan en bucle.

The Alphabet (1968, 5')
Baseado nun pesadelo real, unha muller está deitada na cama mentres escoitamos unha recitación continua do alfabeto e vemos estrañas representacións de cada letra.

The Grandmother (1970, 38')
Nunha estraña familia, un neno vive atemorizado polos seus pais e evádese da realidade creando unha muller que o queira e acepte.

Galego

Antoñito vuelve a casa + La caza de brujas

Antoñito vuelve a casa
Manuel Revuelta | 1969 | 34 min
Un neno, Antoñito, debe facer o saúdo fascista de forma ríxida durante horas como castigo. Anos despois, ten que facerlle fronte á represión política e cultural do réxime de Franco. 

La caza de brujas
Antonio Drove | 1967 | 36 min
Nun colexio relixioso, un cura sorprende a algúns alumnos no cuarto de baño. Alberto debátese entre a delación e o sentido da amizade.

Galego

WOS Festival: Delia Derbyshire: The Myths and Legendary Tapes

Delia Derbyshire: The Myths and the Legendary Tapes é unha película que explora a vida e a inmensa produción creativa de Delia Derbyshire. Parte do achado dunha colección de obras da artista tras a súa morte e unha serie de documentos persoais que desvelan detalles da súa infancia, as súas pinturas e a súa loita contra o alcolismo. A contribución de Derbyshire foi minimizada por atoparse nun contexto moi masculinizado.

Galego

WOS Festival: Sisters with Transistors

Mulleres como Clara Rockmore, Daphne Oram, Bebe Barron, Delia Derbyshire, Maryanne Amacher ou Laurie Spiegel son fundamentais para entender o mundo musical na actualidade, aínda que pouca xente escoitara falar delas.

Sisters with Transistors é unha película documental sobre as mulleres pioneiras na música electrónica. Historias descoñecidas que destapa a directora británica Lisa Rovner e que explican como producimos e consumimos música hoxe en día. Dende o Auto-Tune ata as ilimitadas posibilidades que ofrecen os sintetizadores teñen a súa orixe no que conta o filme.

Galego

Próximamente últimos días

O novo paradigma cultural e de consumo complica a subsistencia dun cinema alternativo e cooperativo. Javi, Miguel, Vero, Marco, Marta, Miguel Ángel ou Cristina son algunhas das persoas que cada día se empeñan en non deixar secar Cineciutat, un oasis de cinema de autor e combativo. A historia complícase cando os problemas técnicos colapsan e é necesario conseguir 30.000€ para poder facerlle fronte a unha inspección que obrigue ao peche do cinema.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual