Que vemos cando miramos o ceo?
Lisa e Giorgi atópanse por casualidade nunha rúa da cidade xeorxiana de Kutaisi e o frechazo é inmediato. Tanto, que mesmo esquecen preguntar cadanseu nome. Antes de continuar o seu camiño, acordan reunirse o día seguinte. Conseguirán reencontrarse? E se o fan, saberán quen son? Premio FIPRESCI da crítica internacional na pasada Berlinale, Alexandre Koberidze relata unha historia de amor como nunca a tiñamos visto.

