Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Le prénom (O nome)

Vicent vai celebrar a súa primeira paternidade cunha cea na casa da súa irmá e o seu cuñado, xunto á súa muller e o seu mellor amigo. Ao saír o tema do nome do bebé, a agradable velada converterase nun inferno de reproches e puñaladas.

Galego

The DeepBlueSea

Londres, anos 50. Hester leva unha vida privilexiada como esposa do xuíz do Tribunal Supremo, Sir William Collyer . Atrapada nun matrimonio infeliz, namórase apaixonadamente dun ex piloto da RAF. Un amor imposible que escandalizará á sociedade británica da posguerra.

Galego

La novia

Dous homes, unha muller, un amor, un desexo máis forte que a lei e que a natureza salvaxe do mundo que lles rodea. Leonardo, O Noivo e A Noiva son un triángulo inseparable desde nenos, pero Leonardo e A Noiva teñen un fío invisible, feroz, imposible de romper? Pasan os anos e ela, angustiada e infeliz, prepárase para a súa voda co Noivo no medio do deserto branco, de terras salinas e ermas, onde vive co seu pai. O día anterior á cerimonia, á súa porta chama unha Esmoleira anciá que lle ofrece un agasallo e un consello: ?Non te cases se non lle amas?, mentres lle dá dous puñais de cristal.

Galego

Foco Agnès Varda | Curtametraxes#01: A Ópera-Mouffe / Ola, cubanos / Black Panthers / Resposta de mulleres: O noso corpo, o noso sexo

A Òpera Mouffe
L'opéra-mouffe | Agnès Varda | 1958 | 16 min
A Opéra-Mouffe é o caderno de apuntamentos dunha muller embarazada no barrio de Mouffe (rue Mouffetard, en París). O mercado, os vagabundos e os borrachos. Imaxes onde quizais se sinta a tenrura de quen mira e filma ás persoas.

Ola, cubanos
Salut les cubains | Agnès Varda | 1963 | 30 min
Catro anos despois da chegada de Fidel Castro, Agnès trouxo 1.800 fotos de Cuba o que fai deste un documental educativo e entretido, Ola cubanos!

Galego

Mamá é pura chuvia

Jana é unha rapaza de 8 anos forte e aleuta que ten moitas ganas de que chegue o Nadal, pero este ano terá que pasalo coa súa avoa, xa que a súa nai precisa descanso. Pola súa banda, a pequena Violeta nunca se imaxinara vivindo no Pazo de Versalles, e menos co seu tío Regis! Ambas protagonistas atoparanse con situacións que non entraban nos seus plans, pero aprenderán a vivilas con optimismo e alegría.

Dúas fermosas historias cheas de maxia e tenrura que abordan a xestión das emocións dos máis miúdos da casa.

Galego

Beiras. Vivir2veces

Político, economista, profesor universitario, activista, músico, tradutor, viaxeiro, fotógrafo, ensaísta, conversador Xosé Manuel Beiras é un e moitos. Beiras mantén íntegra a súa paixón por comprender o mundo, por compartir a súa visión, por contrastala, por pensar o futuro, o presente, o pasado. Por iso, Beiras. Vivir2Veces non é un filme sobre Beiras, senón un filme CON Beiras.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual