Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Drive My Car

Pese a non ser quen de se recuperar dun drama persoal, Yusuke Kafuku, actor e director de teatro, acepta montar a obra Tío Vania nun festival de Hiroshima. Alí, coñece a Misaki, unha moza reservada que lle asignaron como chofer. A medida que pasan os traxectos, a sinceridade crecente das súas conversas obrígalles enfrontarse co seu pasado.

Galego

Canto Cósmico. Niño de Elche

Niño de Elche é artista. É cantaor. É un provocador. Un erudito. É o fillo dos seus pais. Unha persoa de Elche. É todas esas cousas e ningunha.
Canto cósmico achégase ao músico español máis controvertido dos últimos anos a través das persoas máis relevantes que compoñen a súa vida e obra.
C. Tangana, Angélica Lidell, Pedro G. Romero, Raúl Cantizano, Israel Galván ou Paqui e Aladino, os seus pais, son só algunhas das voces que, unidas á de Paco nunha polifonía harmónica, debuxan este retrato libre, case cubista, de Niño de Elche.

Galego

Nada que ver

A Radio Comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, estrea mundialmente no Teatro Colón o xoves 10 de febreiro o documental "Nada que ver" dirixido por Iago Prada. É un percorrido histórico a través de máis de 25 anos desde a súa inauguración en marzo de 1996.
A gala contará cos presentadores Lucía Veiga e Víctor Grande e un breve discurso do director, sen descartar algunhas sorpresas.
O documental foi posible grazas a unha subvención do Departamento de Cultura da Deputación provincial da Coruña e a colaboración do Concello e a Universidade da Coruña.

Galego

O Knack… e como acadalo

Londres, anos 60. Colin (Michael Crawford) perdeuse toda a revolución sexual, pero ten ao seu amigo Tolen (Ray Brooks), a quen envexa, para que lle ensine todos os segredos que debe coñecer para conquistar ás mulleres e poder recuperar o tempo perdido. Nancy Jones (Rita Tushingham) é unha nova despistada e provinciana que chega a Londres... Anárquico clásico da cultura mod cunha música xenuína do swinging London. Obtivo a Palma de Ouro en Cannes.

Galego

Todo foi ben

Aos seus 85 anos, o pai de Emmanuèle é hospitalizado tras un accidente cerebrovascular. Cando esperta, debilitado e dependente, este coleccionista de arte, curioso por natureza e apaixonado pola vida, pídelle á súa filla que o axude a morrer.

Galego

Francisca

Francisca, de Manoel de Oliveira, retrato dunha historia de amor obsesiva, está baseada nunha novela de Agustina Bessa-Luís, cuxa obra adaptaría en máis ocasións no futuro. O libro narraba unha pasaxe problemática na vida real do autor Camilo Castelo Branco na que o seu amigo José Augusto se embarcaba nun xogo conxugal perverso do gato e o rato con Francisca, a muller que amaba o novelista. Esta historia levou a Oliveira a imaxinar novos niveis de forma e estilo; tamén axudou que a súa esposa, parente lonxana da histórica Francisca, lle dese acceso ás súas cartas.

Galego

No somos nada

A Polla Records, unha das bandas mais lendarias do punk, regresa para dicir adeus. Con motivo da xira definitiva do grupo, o seu vocalista, Evaristo Paramos, revive 40 anos de historia desde a súa vila en Euskadi. Esta é a rocambolesca historia duns aldeáns que revolucionaron a musica rabiosa cunhas cancións convertidas en himnos polos seus miles de seguidores.

Galego

Vivir a súa vida

Nana (Anna Karina) é unha moza de provincias que abandona o seu marido e o seu fillo para tentar iniciar unha carreira como actriz en París. Sen diñeiro, para financiar a súa nova vida, comeza a traballar nunha tenda de discos na que non gaña moito diñeiro. Ao non poder pagar o aluguer, a súa caseira bótaa da casa, motivo polo que Nana decide exercer a prostitución.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual