Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Papicha

O ciclo de cinema euroárabe pechará a súa cuarta edición coa proxección de "Papicha, soños de liberdade", unha película dramática coproducida internacionalmente en 2019 e dirixida por Mounia Meddour, co-guionista do filme, que tras décadas traballando o xénero documental salta á ficción para relatar unha historia, con tinguiduras autobiográficos, ambientada na coñecida "Década negra" da guerra civil de Arxelia.

Galego

Ilo Ilo (Retratos de familia)

Singapura, 1997. Inspirada na infancia do seu director, os Lim son unha familia acomodada de tres membros ? marido, muller e fillo ? que recibe a Teresa, unha muller filipina que veu ás metrópoles para servir, do mesmo xeito que moitas outras compatriotas súas en busca dunha vida mellor. Toda a familia ten que adaptarse á presenza desta estranxeira, que altera aínda máis a súa relación xa tensa.

Galego

Foco Fritz Lang na India: A tumba india

Continuación de "O tigre de Esnapur". O arquitecto europeo Harald Berger e a bailarina Seetha son capturados polos homes de Chandra. Mentres tanto, Ramigani planea arrebatarlle o poder ao seu irmán, servíndose dos seus aliados en palacio. Cando Chandra se entera da relación amorosa entre Seetha e Berfer, fai chamar ao doutor Rhode para encargarlle a construción dunha enorme e luxosa tumba destinada aos dous namorados.

Galego

Foco François Ozon: Moza e bonita

Isabelle, unha fermosa moza de 17 anos que pertence a unha familia de clase alta de París, parece ter o mundo aos seus pés. Pero tras un verán no que a perda da virxindade resúltalle decepcionante, unha viaxe de autodescubrimento sexual embarcaraa a partir do outono nunha dobre vida: estudante de día e prostituta de luxo polas tardes. Esta é a súa historia, a través de catro estacións e catro cancións.

Galego

Foco François Ozon: Na casa

Empeza o ano escolar. Germain, profesor de francés, corrixe as tarefas dos seus novos alumnos. É desastroso. Porén, un rapaz que prefire sentar discretamente na última fila, "desde onde pode ver aos demais", demostra ter un afiado sentido da observación, incluso dunha visión sutil. Alentado polo profesor, empeza unha redacción tipo folletín, penetrando no mundo de dúas familias: unha pertencente á pequena burguesía, coas súas esperanzas e frustracións; e outra máis achegada á vida intelectual e artística. A realidade e a ficción mestúranse ata confundirse nun xogo enxeñoso.

Galego

Madeleine Collins

Judith leva unha dobre vida entre Suíza e Francia. Por un lado, Abdel, con quen está a criar a súa filla en común. Polo outro, Melvil, con quen ten dous fillos algo maiores. Aos poucos, este fráxil equilibrio feito de mentiras e segredos vai fracturando. Ante o desenmascaramento, Judith elixe a fuxida cara a diante.

Galego

Queridos Camaradas

Novocherkask, Unión Soviética, 1962. Lyudmila é membro do partido comunista local. Ela defende os ideais do réxime comunista e despreza todo tipo de disidencia. Durante unha folga laboral nunha fábrica de motores, ve como o exército mandado polo Goberno dispara aos protestantes e comete un masacre. Ese suceso cambiará a súa visión das cousas. Coa cidade destruída e axitada polas revoltas, hai moita xente ferida e desaparecida. Unha das desaparecidas é a filla de Lyudmila, o que a obrigará a buscala entre o caos.

 

Galego

O cuarto de Mona

Mona é unha muller á que todo lle vai mal. En plena crise dos corenta, sen traballo, sen parella, sen cartos e co soño de ser actriz, decide terminar os seus días tirándose por unha ponte. Porén, unhas chamadas no último momento recordaranlle que queda pouco para o seu aniversario. O que parece que pode ser un intento de volver á normalidade na súa vida desembocará nunha semana frenética con todo tipo de situacións disparatadas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual