Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Curtocircuíto 2021: Terra 2 | Enar de Dios Rodríguez

Vestiges (an archipelago)
Vestiges (an archipelago) é un videoensaio que investiga a nosa insaciable demanda de area, o recurso natural máis usado do mundo despois da auga. Trátase dun labirinto narrativo e poético onde se cruzan o colonialismo, as dragas e os proxectos de "recuperación do solo", e onde se conta como a area está enmarañada na máquina global que chamamos progreso.

Galego

Curtocircuíto 2021: Terra 1 | Enar de Dios Rodríguez

Enar de Dios Rodríguez (1986, Ourense) é unha artista visual cunha obra interdisciplinar que inclúe o vídeo, a fotografía e a instalación. Na súa práctica artística o proceso de selección de material audiovisual e textual serve como punto de partida para a súa exploración poética e a súa aplicabilidade política. Os seus proxectos máis recentes centráronse na produción do espacio, prestando atención ás consecuencias socio-políticas e medioambientais.

Galego

Los Palomos

Emilio e Virtudes Palomo son invitados por don Alberto, o xefe de Emilio, a unha cea no seu chalé. Don Alberto, que confunde a sinxeleza coa estupidez, ten a intención de presentar ao matrimonio Palomo como sospeitoso dun crime que el cometeu.

Adaptación da obra teatral homónima de Alfonso Paso.

Galego

Aves de paso

Nos seus décimos aniversarios, o pai de Cathy regálalle un ovo cuxo inquilino está a piques de saír do cascarón. Cando o patito nace, Cathy é incapaz de coidalo e os seus pais deciden desfacerse del. É entón cando Cathy e a súa amiga Margaux embárcanse nunha viaxe para salvar ao patito, descubrindo cousas sobre si mesmas.

Galego

O teito do mundo

1882. San Petersburgo. Sasha é unha nova aristócrata rusa que estivo sempre fascinada pola aventureira vida do seu avó, Olukin, un explorador famoso que non volveu da súa última expedición á conquista do Polo norte. Sasha, lonxe de satisfacer aos seus pais, que concertaron a súa voda, rebélase contra este destino e decide saír cara ao Gran Norte seguindo a pista do seu avó. 

Galego

A incríbel historia da pera xigante

En Solby, un porto pequeno e tranquilo, a vida é doce para Mika e Sebastian. Ata o día en que atopan unha botella no mar. Dentro hai unha pequena semente e unha mensaxe misteriosa. Dubidan se sería enviado por JB, un amigo que desapareceu hai un ano. Nada máis plantar a semente, embárcanse nunha aventura extraordinaria feita de monstros mariños, piratas abominables e peras xigantes.

Galego

Ciclo realidades agochadas: Tras la valla

A través da vivencia persoal da guineana Bari Fatimatah e o marfileño Kone Mohamed, a curta documental Tras la valla pretende reflectir a difícil situación das persoas migrantes que chegan a Marrocos na procura dunha vida mellor. É tamén unha crítica ás políticas migratorias, que se endureceron nos últimos anos para intentar frear a chegada de persoas migrantes a Europa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual