Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Cineuropa 2021 - L'homme qui a perdu son ombre / O home que perdeu a súa sombra

Na película, Antonio explícalle a Paul que cando a un lle faltan ideas e xa non sabe por que actúa, é como alguén que perdeu a súa sombra. Segundo el, iso foi o que lle pasou a Paul. Antonio, excomunista, volve a Andalucía logo dun longo exilio en Francia, e recibe a Paul, que fuxiu da súa casa despois de ser despedido no xornal onde traballaba. Paul pensa que todo se arranxa, explica Antonio; todo o que pasa mentalmente, igual que a vida cos demais. Parte nunha viaxe mental e déixase atrapar pola vida. E polas mulleres: Anne, a súa amiga actual, e Marie, a súa ex, quen comeza a buscalo.

Galego

Cineuropa 2021 - 9

Christian é un xogador moi noviño que se ve a si mesmo como unha gran figura no fútbol mundial. Vive illado, nun ambiente luxoso e solitario, asediado por fanáticos, presionado polos medios de comunicación e obrigado a cumprir os compromisos asumidos polo seu pai, quen actúa como o seu representante. Por primeira vez Christian sente a necesidade de fuxir.

Galego

Cineuropa 2021 - Une flamme dans mon coeur / Unha chama no meu corazón

Malia atravesar moitos dos seus filmes anteriores —traballando a identidade dos personaxes e a súa relación co mundo— a cuestión do desexo sexual nunca foi tratada frontalmente por Tanner. Ata Unha chama no meu corazón os seus personaxes manteñen todo tipo de relacións, pero a máis íntima sempre era suxerida. Iso explica a ausencia do corpo no acto sexual, un reflexo defensivo de Tanner perante un cinema de ‹puras entrañas› onde os directores, di el, «devóranse o fígado». «Eu necesito o mundo exterior, a realidade».

Galego

Cineuropa 2021 - Terra de ninguém

Un escenario neutral. Terra de ninguén. Un home sentado nunha cadeira, contando a súa vida. De mozo foi soldado nun comando de elite portugués durante as guerras coloniais en Mozambique e Angola. Após a revolución dos Cravos, traballou de gardacostas en Portugal e máis tarde de mercenario da CIA en El Salvador, até rematar asasinando por encomenda para os GAL.

Galego

Cineuropa 2021 - La bonheur / A felicidade

François é un carpinteiro casado e con dous fillos. Malia que a súa vida conxugal con Thérèse é pracenteira, cando coñece a Emilie non pode evitar sentirse atraído por ela e acaban tendo unha aventura. O verdadeiro problema é que non dá aclarado os seus sentimentos: ama a súa muller e tamén a súa amante, pero non sabe a cal das dúas ama máis.

Logo da proxección do filme, terá lugar a presentación do libro Agnès Varda: espigadora de realidades y ensueños, da xornalista e crítica de cinema Inma Merino.

Galego

Cineuropa 2021 - Charles mort ou vif / Carlos morto ou vivo

"Carlos vivo ou morto", a primeira longametraxe de Alain Tanner e gran premio do Festival de Locarno en 1969, é unha película-manifesto que, xunto a outras como "La lune avec les dents" e "Haschich" de Michel Soutter, permitiu inscribir a Suíza no mapa do cinema mundial a fins dos anos 60. Hoxe, a enerxía dese primeiro filme permanece intacta, magnificada pola estatura e presenza excepcionais de François Simon e a fotografía sublime de Renato Berta. Tanner atopou o argumento da súa película no que viu do maio '68 en París como reporteiro da televisión suíza.

Galego

Cineuropa 2021: Spagat

Inverno nunha rexión rural de Suíza. Marina, unha profesora de corenta e tantos anos, leva unha vida tranquila co seu marido e a súa filla. Pero as aparencias enganan; porque Marina mantén unha aventura segreda con Artem, o pai dunha das súas alumnas, Ulyana. Aínda que tanto Artem como a súa filla viviron nos arredores desta pequena cidade durante anos, ningún ten permiso de residencia. O seu segredo queda ao descuberto un día cando arrestan a Ulyana por roubar.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual