Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Voando xuntos

Christian é un científico especializado nos gansos salvaxes e os seus procesos de migración. O seu fillo, un adolescente obnubilado polos videoxogos, non quere pasar unhas vacacións co seu pai en plena natureza. Con todo, pai e fillo uniranse nunha aventura incrible: salvar a unha especie en perigo de extinción coa axuda dun ultralixeiro. Emprenden xuntos unha viaxe fascinante polos ceos de Europa. Baseada nunha historia real.

Galego

A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol

A viaxe da pequena Mumu para conseguir o seu soño: Ser unha super-estrela. A vaquiña Mumu vai vivir unha aventura de acción, suspense e emoción. Os seus enormes desexos de converterse nunha estrela conducirana a unha situación surrealista, da que será liberada grazas ao labor en equipo e ao enxeño dos seus compañeiros, aos que abandoara por carecer do glamour ao que ela aspiraba.

Galego

Pelerinaxes

Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo Andrés de Teixido para acabar un proxecto audiovisual iniciado na universidade sobre o libro de Otero Pedrayo xunto cun compañeiro, morto anos atrás nun accidente.

Galego

Érase uhna vez en... Hollywood

Hollywood, anos 60. A estrela dun western televisivo, Rick Dalton (DiCaprio), tenta amoldarse aos cambios do medio ao mesmo tempo que o seu dobre (Pitt). A vida de Dalton está ligada completamente a Hollywood, e é veciño da nova e prometedora actriz e modelo Sharon Tate (Robbie) que acaba de casar co prestixioso director Roman Polanski.

Galego

Errantes sin retorno, una historia rohingya

H. M. huyó de Siria con su marido dejando atrás su casa familiar, a sus padres, a sus amigos y sus profesiones. Iniciaron una travesía marcada por abusos, barreras, miedo y peligros, y con un niño a cuestas. Todo por recibir la protección que su nación no les brindó. Esta es la historia de tantas personas, aunque no todas terminan así. Muchas de ellas se estancan en un limbo, quedan atrapadas en campos de refugiados por un tiempo indeterminado. Así sucede en Kutupalong (Bangladesh), el más poblado del mundo, donde casi un millón de rohingyas esperan retomar sus vidas.

Galego

Mulholland Drive

Betty Elms (Naomi Watts), unha moza aspirante a actriz, chega a Los Ángeles para converterse en estrela de cine e alóxase no apartamento da súa tía. Alí coñece á enigmática Rita (Laura Harring), unha muller que padece amnesia a causa dun accidente sufrido en Mulholland Drive. As dúas xuntas deciden investigar quen é Rita e como chegou ata alí.

Galego

Festival Pórtico Do Paraíso: Nebra, O triunfo da música

José de Nebra (1702-1768) foi o compositor español máis importante do seu tempo. Traballou para a corte española durante máis de catro décadas e foi autor de éxito nos teatros públicos madrileños. Con todo, tras a súa morte, a maioría das súas obras esquecéronse ou extraviaron. Nebra. O triunfo da música repasa a vida e a época deste músico xenial, e segue o proceso de recuperación dunha das súas óperas, Venus e Adonis, que non se interpretou en case 300 anos.

Galego

Good Bye, Dragon Inn

Taiwán, 2003

Dirección: Tsai Ming-liang. Guión:  Tsai Ming-liang, Sung Hsi. Intérpretes: Lee Kang-sheng, Chen Shiang-chyi

Sinopse: Un vello cine vai pechar as súas portas para sempre. Proxecta por última vez unha película, o épico relato de artes marciais dirixido por King Hu Dragon Inn
 

Galego

Cuento de otoño

Francia, 1998

Dirección e guión:  Éric Rohmer. Intérpretes: Béatrice Romand, Marie Rivière

Sinopse: Unha viticultora, Magali, queda soa na súa casa familiar de campo ao independizarse os seus fillos

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual