Cormorán Film Fest: Loves me, loves me not
Unha mirada íntima ás vidas amorosas de 20 mozos. A través de conversacións vulnerables sobre as súas experiencias persoais, contan unha moderna, poética e realista historia de amor en 2021.

Unha mirada íntima ás vidas amorosas de 20 mozos. A través de conversacións vulnerables sobre as súas experiencias persoais, contan unha moderna, poética e realista historia de amor en 2021.
Don't Go Gentle: A Film About Idles
Creada en 2020, esta sección paralela está adicada a amosar algunhas das longametraxes máis interesantes do realizadas por autoras que o festival seguiu desde os seus inicios. Nesta decimoctava edición, Longas x Curto reúne tres apostas radicalmente diferentes de cineastas que abordan a ficción y o documental desde propostas incisivas e formalmente arriscadas. Desde a ficción histórica de Helena Girón e Samuel M.
A.B.
Un retrato ficticio da estrela do porno Ashlynn Brooke.
Prince, Puissance, Souvenirs
Nun ximnasio, un príncipe escuro prepara os seus discípulos para un ataque.
Play
O meu veciño suicidouse. Eu adoitaba xogar ao fútbol e ao pimpón con el... Nun cuarto, un rapaz lembra o seu defunto amigo.
Vestiges (an archipelago)
Vestiges (an archipelago) é un videoensaio que investiga a nosa insaciable demanda de area, o recurso natural máis usado do mundo despois da auga. Trátase dun labirinto narrativo e poético onde se cruzan o colonialismo, as dragas e os proxectos de "recuperación do solo", e onde se conta como a area está enmarañada na máquina global que chamamos progreso.
Enar de Dios Rodríguez (1986, Ourense) é unha artista visual cunha obra interdisciplinar que inclúe o vídeo, a fotografía e a instalación. Na súa práctica artística o proceso de selección de material audiovisual e textual serve como punto de partida para a súa exploración poética e a súa aplicabilidade política. Os seus proxectos máis recentes centráronse na produción do espacio, prestando atención ás consecuencias socio-políticas e medioambientais.
Os Leningrad Cowboys viaxan co seu representante a Estados Unidos na procura de fama e fortuna. Alí coñecen a un home que os contrata para que toquen na voda do seu primo en México, polo que terán que cruzar todo o país en coche para chegar a tempo.
Emilio e Virtudes Palomo son invitados por don Alberto, o xefe de Emilio, a unha cea no seu chalé. Don Alberto, que confunde a sinxeleza coa estupidez, ten a intención de presentar ao matrimonio Palomo como sospeitoso dun crime que el cometeu.
Adaptación da obra teatral homónima de Alfonso Paso.
Nos seus décimos aniversarios, o pai de Cathy regálalle un ovo cuxo inquilino está a piques de saír do cascarón. Cando o patito nace, Cathy é incapaz de coidalo e os seus pais deciden desfacerse del. É entón cando Cathy e a súa amiga Margaux embárcanse nunha viaxe para salvar ao patito, descubrindo cousas sobre si mesmas.
1882. San Petersburgo. Sasha é unha nova aristócrata rusa que estivo sempre fascinada pola aventureira vida do seu avó, Olukin, un explorador famoso que non volveu da súa última expedición á conquista do Polo norte. Sasha, lonxe de satisfacer aos seus pais, que concertaron a súa voda, rebélase contra este destino e decide saír cara ao Gran Norte seguindo a pista do seu avó.